PROGNÓSTICO TEMPO

pronostico del tiempo Cangas

domingo, 5 de mayo de 2013

Características da Nova Narrativa Galega(LIT ESP. 4º ESO)


CARACTERÍSTICAS DA NOVA NARRATIVA GALEGA(algunhas moi presentes na obra de Carlos Casares)
As prosa da nova narrativa galega supón unha innovación nas formas narrativas, a introdución de modelos culturais estranxeiros e unha ruptura da concepción tradicional da novela. As súas influencias estarán en William FaulknerFranz KafkaJames Joyce, no existencialismo francés de Jean-Paul Sartre ou Albert Camus e, moi especialmente, no nouveau roman; movemento do que toma o título. "Nouveau roman" tradúcese por nova novela, isto é, nova narrativa.
En liñas xerais, as novelas da nova narrativa galega defínense por:
  • Romper a liñalidade espazo-temporal en favor de localizacións urbanas imprecisas e, case sempre, asfixiantes.
  • Presentar personaxes con problemas patolóxicos que adoitan encontrarse en situacións marxinais ou límite.
  • Empregar no interior dun mesmo relato, ao xeito do nouveau roman, a perspectiva múltiple mediante o uso de distintos narradores que tenden a expresarse a través do monólogo interior.
  • Servirse do obxectalismo; técnica popularizada polo nouveau roman que consiste na descrición minuciosa e descontextualizada das cousas que o narrador ten ao seu alcance, provocando, de novo, sensacións de asfixia e estrañamento xa aludidas.
  • Incidir en temas relativos ao absurdo, ao sentido da vida, á angustia ou á soidade inherente ao individuo.

Ademais de todas estas características comúns aos autores da Nova Narrativa, Carlos Casares vaise diferenciar polo seu realismo, ás veces dun xeito moi cruel e duro.