PROGNÓSTICO TEMPO

pronostico del tiempo Cangas

sábado, 12 de mayo de 2018

TEXTO CARLOS CASARES 3

A galiña azul .CARLOS CASARES
Estes díasanda o pobo un pouco alborotadoAcórdaste dun rapaz que se chama Lorenzo e que andaba sempre na compaña dun can pequeniño de rabo zuro? Pois Lorenzo ten unha galiña azul con cinco plumas vermellas na á dereita.
É unha galiña moi bonita e moi rara. Pon ovos decolores. Xa puxo dous marelos,un rosa e tres verdemar. Ademais non di cacaracá como as outras galiñas, senón que di cocorocó. E isto ten preocupadas as autoridades.
Tan preocupadas as ten que hai catro días chegoulle un oficio a Lorenzo pedíndolle que entregase a galiña polas boas. Lorenzo negouse, porque aínda que lle din que só é para que a vexa un veterinario, o certo é que, segundo dixo o señor Casimiro, o porteiro do Concello, a galiña vana matar.
O alcalde, Manolito Listón, dixo nunhasdeclaraciósque fixopara a televisión e para os xornais,que non se podía tolerar a existencia dunha galiña azul, porque, segundo Manolito Listón, unha galiña azul que pon ovos de colores e que di cocorocó en vez de cacaracánoé unha galiña como é debido.
O caso é que o pobo anda todo alborotado e o pobre Lorenzo non levanta cabeza.
Antes paseaba todo contento coa súa galiña pola rúa, pero agora está na casa e algúns din que a galiña a ten disfrazada de branco para que non lla coñezan. Pero de certo, pouco se sabe.
Eu non sei que vai pasar, porque os veciños están de parte de Lorenzo e da galiña.Non teñas pena, que xa che contarei en que queda isto.
Lorenzo encárgame que che dea lembranzas del e da súa galiña azul...
...Sabes que se arranxou o asunto da galiña azul de Lorenzo?
Verás. O día aquel que che escribín contándoche todo, resulta que a iso das cinco da tarde chegaron os gardas a buscar a galiña azul, de parte de Manolito Listón. Ía moito sol e podía ser un día ben ledo se non fose pola pena que tiñamos todos.
A xente congregouse diante da casa de Lorenzo. Habería para aí máis de mil persoas. Eu tamén fun.
A que non adiviñas o que pasou? Pois o día anterior alguén discorreu que a mellor maneira de arranxar as cousas sería tinguir de azul todas as galiñas do lugar, pintándolles de vermello cinco plumas da á dereita e despois soltalas arredor da galiña azul de Lorenzo. como nós non temos galiñas na casa, eu fun mercar unha á feira de Allariz e tinguina de azul tamén.
Cando chegaron os gardas, atoparon tanta galiña igual que non sabían cal era a de Lorenzo.
Só houbo un pequeno despiste. Foi cousa de Leoncio, que se trabucou e apareceu cunha galiña pintada de vermello. Cando lla viron os gardas, queríanlla matar. Se o vises escapar coa súa galiña debaixo do brazo e berrando: "Para gustos fixéronse colores!".
Agora o Manolito Listón di que cando chova todo se vai arranxar, que as galiñas han perder o tinte e que entón, xa veremos... Pero polo de agora vai moita calor e temos o verán enteiro por diante.
De momento, Lorenzo anda amestrando a galiña para que, ao menos en público, aprenda a dicir cacaracá en vez de cocorocó.
Claro que a xente do lugar ten un contrasinal para coñecer a verdadeira galiña azul. Xa cho direi cando veñas.
Mañávoume de viaxe. Cando volva,seguireiche contando historias, que por aquí sempre hai algo que contar.

miércoles, 25 de abril de 2018

GLORIA FUERTES(literatura española 4º eso)

BIOGRAFÍA DE GLORIA FUERTES

Gloria Fuertes nació en 1918, en Lavapiés, un modesto barrio del Madrid antiguo. Su madre, costurera y sirvienta; su padre, bedel. Poco se sabe de su vida familiar, ya que la escritora siempre guardó celosamente su intimidad.
Su interés por las letras comenzó a la temprana edad de cinco años, cuando ya escribía y dibujaba sus propios cuentos. 
Empezó a escribir versos a los catorce años, a los quince los leía en Radio España de Madrid y a los diecisiete dio forma a su primer libro de poemas, “Isla ignorada”, que fue publicado en 1950.
Aunque ella siempre se definió como "autodidacta y poéticamente desescolarizada", su nombre ya ha quedado ligado a dos movimientos literarios: la generación del 50 y el Postismo, grupo literario de posguerra al que se unió a finales de los 40 y del que formaban parte Carlos Edmundo de Ory, Eduardo Chicharro y Silvano Sernesi, y en el que también colaboraron Ángel Crespo y Francisco Nieva.
Del Postismo quedó para siempre en Gloria Fuertes una actitud poética desmitificadora por vía del humor; el humor en Gloria Fuertes es una forma crítica de deconstruir la realidad y descubrir la verdad de las cosas. 
El antibelicismo y la protesta contra lo absurdo de la civilización consumista están presentes en su poesía, de forma categórica. Como ella misma declaró, "sin la tragedia de la guerra civil quizá nunca hubiera escrito poesía".
Como secuela de su experiencia bélica, la obra de Gloria Fuertes se caracteriza por la ironía con la que trata cuestiones tan universales como el amor, el dolor, la muerte o la soledad. Todo ello aderezado con curiosas metáforas y juegos lingüísticos llenos de encanto, frescura y sencillez, que dotan a sus poemas de una gran musicalidad y cadencia cercana al lenguaje oral.
En los años 50 inició una fulgurante carrera literaria que la llevó a obtener en 1961 una beca Fulbright  para enseñar literatura española en la Universidad de Pennsylvania.
A mediados de los años 70 colaboró activamente en diversos programas infantiles de TVE, siendo “
Un globo, dos globos, tres globos” y “La cometa blanca” los que la convirtieron definitivamente en la poeta de los niños. Recibió en cinco ocasiones el Aro de Plata de TVE. A partir de estos años la actividad de Gloria Fuertes es imparable: lecturas, recitales, homenajes, siempre cerca de los niños, publicando continuamente, tanto poesía infantil como de adultos. 
Obtuvo algunos premios y accésit por sus cuentos y poemas. De su obra se destacan los libros «Poesía ignorada» 1950, «Aconsejo beber hilo» 1954, y «Poeta de guardia» 1980.
Falleció en Madrid, el 27 de noviembre de 1998, víctima de un cáncer de pulmón.

viernes, 9 de marzo de 2018

TEXTO 2 CUNQUEIRO.

A CHAQUETA DO MOURO 
FELIPE de Francos tiña unha moza na Ribeira de Piquín, terra luguesa de Meira, e iba a vela mui montado na súa mula, unha mula alta e manchada, a orella erguida, a cola trenzada, e o andar solene e balanceado. Meira sempre tivo fama de mular, e da Real Abadía saían todas as que montaba o Santo Orde do Cistel nas Españas, e non as hai mellores en Tortosa nin no Poitou, en Francia. En Meira sempre privóu moito o garañón catalán, que é un tipo serio. Felipo, digo ben, iba na súa mula, e ao chegar a Vilares, que son dous muiños, deixaba a mula na corte de Porteiro de Beza, mui seu amigo, e seguía a pe deica a casa da rapaza, cuia porta estaría, como dice o cantar
... achegada
cunha palla de centeo
Felipe era, e é, alto, fraque, bigotudo, pálido. Hai moito pálido por alá, medio morenos, ás veces axitanados. Quizás chegaran alí familias de lonxe, ou teñen mistura de baluros, esa tribu rara da Terrachá, da que tan pouco se sabe. Felipe, nun dos seus viaxes amatorios, atopóu a un home cavando cun sacho no medio do camiño. Non era coñecido, nin pola vestimenta parecía do país.Gastaba un gorro colorado cunha boIra verde, e por calzós usaba uns grandes bombachos marelos. Caía a tarde.
—Perdéuselle algo?, perguntóulle Felipe dende o alto da mula.
—A chaqueta, respondéulle o forasteiro.
Felipe estivo media hora vendo como o descoñecido cavaba e cavaba, e facíao rnui ben e rápido, e axiña fixo un furado no que cabía il, que era un pernicorto algo xorobeta. Metéuse no furado, e saíu dil cunha chaqueta toda de ouro.
—Home, de ouro!, decíalle eu a Felipe.
—Sí, señor, de ouro!
O pequeno púxose a chaqueta e abotonóuse. Unha vez que a tivo posta, deuse no peito con delambos puños, e sonóu a metal.
—E logo cál é a súa gracia?, perguntóulle Felipe, sacando o sombreiro.
—Non ves que son mouro?, dixo o da chaqueta de ouro.
E contóulle a Felipe que viaxando pola fresca, sentárase a botar unha soneta alí en Xunqueiras, e tamén pra non verse obrigado a pasar de día o barrio de Lodoso, que non quería ser visto con aquela prenda, e que pousando a chaqueta no chan, a prenda polo seu peso foi afondando deica quedar enterrada naquela terra branda da ribeira, e que non era somentes polo peso, senón que estando feita con ouros que vifian de tesouros ocultos, tiña a querencia da soterra, e gostáballe escusarse pra que seu amo se perguntase ónde se metera. E ademáis que a chaqueta tifia o vicio, cando se enterraba de ir buscando o camiño que millor a levase a unha ponte, e entón quedábase acolá, facía unha cova cómoda, e estaba séculos sin moverse. E o mouro buscara a chaqueta no camiño, coma vira Felipe, porque xa tiña rnui coñecidas as súas teimas.
—Por iso viaxo sempre con pico, ou sacho ou pata, que non hai día que non teña que buscala.
—Moito traballo é!
Pro non hai prenda que vista como ela
O mouro ofrecéulle a Felipe unha proba, e Felipe dixo que sí e púxose a chaqueta, que lle quedaba estreita, e era unha prenda mui pesada, e non ben a tivo posta Felipe, comenzóu a abanearse, e a tirar por Felipe ao chan, tan seguido e forte que o tumbóu. Caído Felipe, a chaqueta quería someterse na terra, e xa estaba Felipe medio enterrado vivo, cando lle botóu unha man o mouro.
—Tente, Felipiño!, díxolle.
E poñéndose o mouro de novo a chaqueta aquélla, foise cáse que correndo polo camiño de Lodoso. Brilaba a chaqueta dándolle os derradeiros raios daquel doce serán de setembro.

1. DESVÍOS(negriña)
2. SÍNTESE E INTERPRETACIÓN PERSOAL.

TEXTO CUNQUEIRO

MELLE DE LOBOSO
Un tal Melle, veciño de Loboso, Partido de Mondoñedo, decidiu cando xa cumprira setenta anos, aprender a ler e a escribir, e en menos dun mes o mestre houbo de dalo por útil. Ós que lle preguntaban a que viña tomar aquel traballo ós seus anos, contestaba que ó mellor podía mandar algún recado dende o outro mundo, e entón sempre sería mellor por escrito que de palabra. Para que non houber dúbida de que era el quen mandaba as novas, deixaria denantes de morrer unha mostra de letra e papel de barba. E mandou Melle que cando morrese, que lle metesen no peto da chaqueta papel, sobres e lapis tinta. Finouse Melle, i enterrárono co recado de escribir que pedira, i o lápiz tinta afiado pólos dous cabos, i aínda lle meteron no peto unha navalliña por si quebraba pontas, que apertaba moito ó escribir... Pasóu  o tempo e non chegaba recado ningún de Melle i a xente de Loboso íbase esquecendo da ocurrencia. Pasaron dous longos invernos e dous ledos e pequenos veráns. Un sobriño de Melle, por Pascua, mercóu na feira de Meira un par de galiñas, unha negra castel i outra do pescozo pelado, i ó soltalas na eira miroulles o ovo, e ista derradeira viña coil na ponta, tanto que o puxo deloutro día, cediño, e cacarexouno ben. Era un ovo longo, longo, coa casca mourenta e manchada. O sobriño de Melle pensou que tragueria dúas iemas, i antoxóuselle de almorzo unha torreznada, e cando xa se engurraran os liscos na sartén, partíu o ovo nun prato pra batelo, i o ovo, por dedentro, estaba baleiro de crara e xema, e somentes gardaba un sobre, no que estaba escrito con letra de lápiz tinta –letra comprobada do finado Melle– ésto: «Amañai la chimenea. Tu tío que lo es Victoriano Melle». E sob o nome, un solene rubricado. E ben se vía que o Melle tiña mollado a ponta do lápiz máis de dúas veces escribindo o recado.Deu a nova o sobriño a voces, acodiron os veciños, e foi lido cen veces o sobre. Cando o sobriño foi ó galiñeiro; a buscala galiña do pescozo pelado, atopouna morta. I o aviso do finado chegara a tempo si fora atendido, que dúas noites despóis un vendabal que viña tolo, levouse a cheminea dos Melle.E así e todo. Os Melle  de Loboso conservan a carta do tío. Hai veciños de seu que ainda recibiron outras, e todos por ovos ou camiños máis sebredos ainda, pro que isas cartas non as amosan porque tratan de intereses, e consellos en preitos.

1. XÉNERO. TRES RAZÓNS
2. AUTOR:VIDA E OBRA, MOV. CULTURAL
3. ARGUMENTO: PRESENTACIÓN, NÓ, DESENLACE. TIPO DE FINAL. ANALEPSES, PROLEPSES.
4. NARRADOR. TIPO. RAZÓN E EXEMPLOS.TEMPOS VERBAIS.
5.PERSONAXES.
6. DESVÍOS DA NORMA(NEGRIÑA)
7. FIGURAS LITERARIAS(SUBLIÑADAS)
8.  MARCO.
9. SÍNTESE E INTERPRETACIÓN PERSOAL



jueves, 22 de febrero de 2018

TEXTO ARGUMENTATIVO 4º ESO

Urbes abertas á aprendizaxe 
Nas rúas e prazas das vilas ou cidades, a memoria colectiva non se mantén coa simple colocación de placas, esculturas e bustos adicados a veciños/as, figuras relevantes ou acontecementos históricos. Precísanse iniciativas que procuren que os espazos urbanos contribúan á memoria social, da cal todos somos parte activa.
Mesmo cando identificamos a persoa ou feito que dá nome ao sitio, que non pasa do 50% dos casos, estes sinais están baleiros de contido. Calquera enquisa neste tipo de rúas amosaría o amplo descoñecemento que existe entre veciñanza ou transeúntes.
E existen formas creativas e lúdicas de nomear e lembrar. Poñamos por caso, o emprego de títulos de obras: non presta vivir na ruela A sombra dos teus soños ou na avenida Os biosbardos e podermos ler fragmentos destas creacións inscritos nas paredes? Ou é posíbel contar, tal como acontece no Central Park de Nova York, coa presenza dos protagonistas de ficción, nese caso en homenaxe a Alicia no País das Marabillas, cos seus personaxes esparexidos polo parque convidando a sentarse con eles.
Tamén se inscribe nunha liña orixinal e efectiva unha das actividades do centenario de Celso Emilio Ferreiro neste 2012, a campaña Vivo na rúa Celso Emilio Ferreiro. Unha iniciativa que pretende informar sobre o autor de Celanova ás máis das persoas que viven nas rúas galegas que levan o seu nome a través da entrega dunha publicación nas caixas de correos. Esta, concibida a xeito de revista, percorre a través do texto e da imaxe as claves biográficas e literarias do autor, con rigor e amenidade. Ademais, co atractivo engadido da utilización de recursos como a fotonovela, a liña cronolóxica ou os pasatempos.
Daquela, o simple obxectivo de achegar información sobre quen ou que é o nome co que foi bautizada unha rúa supón un exercicio de desenvolvemento de cidadanía. Xustamente, cando os servizos culturais que ofrece a institución municipal van máis alá das propostas artísticas, museísticas e de espectáculo, intégrase o coñecemento e fortalécese a identidade e a autoestima veciñal.
En definitiva, trátase de que os responsábeis políticos entendan a importancia de establecer canles culturais nos contornos que todo o mundo partilla, tanto para a veciñanza como para os visitantes.
(Creado a partir dos blogues Brétemas e Caderno da crítica)

martes, 30 de enero de 2018

CAMPOS DE CASTILLA.A.MACHADO

La nieve. En el mesón al campo abierto
se ve el hogar donde la leña humea
y la olla al hervir borbollonea.
El cierzo corre por el campo yerto,
alborotando en blancos torbellinos
la nieve silenciosa.
La nieve sobre el campo y los caminos,
cayendo está como sobre una fosa.
Un viejo acurrucado tiembla y tose
cerca del fuego; su mechón de lana
la vieja hila, y una niña cose
verde ribete a su estameña grana.
Padres los viejos son de un arriero
que caminó sobre la blanca tierra,
y una noche perdió ruta y sendero,
y se enterró en las nieves de la sierra.
En torno al fuego hay un lugar vacío
y en la frente del viejo, de hosco ceño,
como un tachón sombrío
tal el golpe de un hacha sobre un leño.
La vieja mira al campo, cual si oyera
pasos sobre la nieve. Nadie pasa.
Desierta la vecina carretera,
desierto el campo en torno de la casa.
La niña piensa que en los verdes prados
ha de correr con otras doncellitas
en los días azules y dorados,
cuando crecen las blancas margaritas.

viernes, 9 de junio de 2017

ANÁLISE DE TIPOS ESTROFAS

ANALIZA OS SEGUINTES POEMAS : nº sílabas, rima, arte e tipo de estrofa.

1.
Si cantas es ti que cantas
se choran es ti que choras
is es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.


2.
Como bica o nordés a neve fría,
deixando nas folerpas  súa pegada,
así quero bicar sobre a nevada,
os teus labios enchidos de alegría.

3.
E porque é tan lugués, e porque o pide
teu xeito agreste, porque ben lies prace
ós verdes do Vilar de Lamonide
i ó hostil acivro que ond'a murta nace.

4.
Arrimeime a un pino verde,
contando estar acollido
menos da choiva do ceo
que do meu propio feitizo.

5.
Fomos xa ficando sós
o mar o barco e máis nós

6.
Xa non pidas palabras . No profundo
de min déixame estar, deitado e quedo,
deitado como un can ollando o mundo

ollando, mentres ti, sobre os restrollos
dos meus versos amargos, ves o acedo
penar e irte perdendo dos meus ollos.

7.
Miñas donas e señores,
nenos, vellos e medianos,
esta historia verdadeira
xa comeza cos romanos.
Era unha vez unha terra
que Gallaecia era chamada
onde había moitas tribos
nunha idade antepasada.

8.
O fel de ter que vivir
entre badulaques tantos,
fixo nacer estes cantos
de escarnio e de maldicir.

9.
Desorballando os prados coma  sono,
o tempo vai de Parga a Pastoriza.
vais enterrando, suco a suco, o outono.
un paso adiante e  outro atrás Galiza.

10.

Cando esperare é ser onda de río
que corre, e bule, e vai, e pasa e ruxe,
e, de pedriña en pedra, á tentas fuxe
e se desvive, ó cabo, fío á fío.

Cando esperare é ser, nun travesío,
roda vella que xa come a ferruxe,
sen treitoira nin eixe que a arrenpuxe,
ó vento, ó sol, á chuva, á neve, o frio.

Cando esperare é ser són de goteira
nunha casa sin lume, desgonzada,
e herbas tristes salindo da fumeira.

Cando esperare é ser aire queimada,
ala que se quebróu, terra valeira,
muíño que non moi, agua pasada...























SOLUCIONARIO

1. COPLA :8-8a 8-8a Versos octosílabos , arte menor, rima asonante e libre.
2. CUARTETO: 11A11B11B11A. Versos hendecasílabos, arte maior, rima consoante.
3.SIRVENTÉS: 11A11B11A11B. Versos hendecasílabos, arte maior, rima consoante.
4. ROMANCE: 8-8a 8-8a.Versos octosílabos , arte menor, rima asonante e libre.(diferénciase da copla que a copla é temática popular xeralmente e son series de catro,  o romance indeterminada)
5. PAREADO: 8a 8a. Versos octosílabos, arte menor, rima consoante.
6. TERCETOS: 11A11B11A   11C11B11C. Versos hendecasílabos, arte maior, rima consoante.
7. ROMANCE:Versos octosílabos , arte menos, rima asonante e libre.(diferénciase da copla que a copla é temática popular xeralmente e son series de catro, o romance indeterminada)
8. REDONDILLA: 7+1=8 a,8b, 8b, 7+1=8a. Versos octosílabos, arte menor, rima consoante.
9. SIRVENTÉS: 11A11B11A11B. Versos hendecasílabos, arte maior, rima consoante.
10. SONETO: dous cuartetos e dous tercetos. 11A11B11B11A   11A11B11B11A   11C 11D 11C   11D 11C 11D. Versos hendecasílabos, arte maior, rima consoante.