PROGNÓSTICO TEMPO

pronostico del tiempo Cangas

martes, 7 de febrero de 2012

ANALISE DUNHA CANTIGA MEDIEVAL. 3º ESO GAL.

COMO ANALIZAR UNHA CANTIGA
A FORMA
1) Cobras = estrofas // palavras = versos (octosílabo ou decasílabo) .Cóntase ata a última sílaba acentuada e regularízase, é dicir, se dan varias medidas cóllese a que máis teñas.
2) Poden ser de: a)Mestría (máis perfectas) / b)refrán (repítese o último verso ou os dous últimos en todas as cobras)
3) Rimas: masculina (aguda) / femia (grave, pónselle un apóstrofe) , ademais será consoante e asonante. Palavra perduda = verso libre
4) Tipos de cobras:
Unisonantes: único esquema rítmico
Dobras: esquema varía cada dúas estrofas
Singulares: diferente esquema cada estrofa, todas diferentes.
Alternas: unha si unha non ,teñen a mesma rima.
RECURSOS
Xeralmente nas CANTIGAS DE AMIGO temos:
A)paralelismo: repetición da mesma idea en dúas estrofas seguidas nas que só mudan as palabras finais de cada verso ou a orde delas, co que varía a rima.
Paralelismo literal: repetición de palabras
Paralelismo estrutural: repetición de estruturas sintácticas ou rítmicas
Paralelismo semántico: repetición de significados.
O paralelismo nas cantigas de amigo pode ser de dous tipos: perfecto e imperfecto. O paralelismo imperfecto prodúcese entre pares de estrofas, cando a segunda repite con modificacións mínimas o contido da primeira. O paralelismo perfecto dáse cando esa repetición vai acompañada polo recurso do leixaprén.
B)leixaprén: ("deixa-colle") reiteración dos segundos versos dun par de estrofas como primeiros versos do par seguinte, o que acentúa o paralelismo entre as estrofas que o teñen. O segundo verso da primeira estrofa é o primeiro verso da terceira, o segundo verso da segunda estrofa é o primeiro da cuarta e así sucesivamente.
C)refrán: verso ou versos repetidos ao final de cada estrofa.
Os poetas máis destacados que compuxeron cantigas de amigo foron Meendinho, Pero Meogo, Martín Codax, Johán Zorro, Johán de Cangas, Johán Airas e Don Dinís de Portugal.CANTIGAS DE AMIGO
Existe unha clasificación tradicional que vén distínguir aínda varios subxéneros:
Barcarolas ou mariñas: Sitúanse en presenza do mar, que adquire certa personalización ao dirixirse a el a amiga como confidente seu.
Cantigas da romaría: A amiga está nun santuario, ermida ou capela, lugar de reunión que sirve de pretexto para o encontro dos namorados. Este contexto é exclusivo da literatura galego-portuguesa.
Bailadas: Composicións alegres e festivas nas que se realiza unha invitación á danza.
Albas ou alboradas: Faise referencia ao amañecer; nas "albas" provenzais os amantes separábanse após teren pernoitado xuntos.
Xeralmente nas CANTIGAS DE AMOR temos:
a)Fiinda: versos de finalización despois da última estrofa.
b)Dobre: repretición dunha palarba en lugares simétricos da estrofa.o dobre e o mozdobre son dous recursos abondosamente utilizados neste tipo de cantigas. O dobre consiste na repetición dunha palabra en dous lugares simétricos dunha estrofa:
Pero non devía a perder
ome, que ja o sen non ha,
de con sandece ren dizer;
e con sandece digu’eu ja:os olhos verdes que eu vi
me fazen ora andar assí.
Johán García de Guilhade
Cando a palabra vai ao final do verso chámaselle palabra- rima.
c)Mordobre: repetición do mesmo lexema con diferentes morfemas con variación das terminacións (habitualmente, formais verbais). Cando ocupa a posición de rima recibe o nome de rima-derivada:
Se eu podesse desamar
a quen me sempre desamou,
e podess’algún mal buscar
a quen me sempre mal buscou!
Assí me vingaría eu,
se eu podesse coita dar,
a quen me sempre coita deu.
Pero da Ponte
D) Tópicos:nas cantigas de amor segundo o que nelas se fale aparecen varios tópicos que son como temas que o poeta toca na súa cantiga.Son actitudes que el vai ter respecto da súa senhor.
1 Mesura: non dicir o nome da súa amada e usar a palabra senhor pois as súas composicións van adicadas a mulleres casadas.
2 Coita de amor: aparece cando na cantiga o poeta sofre por un amor non correspondido. Pode chegar á morte por amor.
3 Fin´amors: el amósase coma un vasalo ante a sua amada,pois ela é un ser superior.
4 Joi de amor: a felicidade por ser o amor correspondido.
Xeralmente nas CANTIGAS DE ESCARNIO E MALDIZER temos:
Clasifícanse en subxéneros dependendo do eixe temático que nelas se desenvolva:
1) Cantigas dirixidas contra outros poetas:
Neste grupo entran todas aquelas cantigas en que trobadores, segreis e xograres atácanse uns aos outros en
todos os planos da vida pública ou privada.
2) Cantigas contra as soldadeiras:
As soldadeiras son bailarinas ou cantareiras que acompañaban á corte en tódolos seus desprazamentos.
Tódalas súas virtudes, os seus vicios e, sobre todo, a súa bellice, será obxeto de escarnio. Amáis coñecida é
María Balteira ou María Pérez.
3) Parodias da cantiga de amor, de amigo e da poesía heroica:
Neste grupo os trobadores búrlanse de sí mesmos, fan escarnio da coita, da sanha da senhor e da morte de amor.
É magnífico o ciclo adicado a Roi Queimado, pedindo xa que morra dunha vez.
4) Sátira das clases sociais:
Por el pasan tódolos grupos sociais (alfaiates, médicos, avogados, ... ??non aparecen
labregos nin grupos non burgueses??) e sobre todo os grupos eclesiásticos e a aristocracia.por cardenais, bispos, abades, ...son escanecidos polos seus
Dentro da nobreza, os máis vilipendiados serán os infanzóns, que é o estrato máis baixo da aristocracia, (o que serán logo fidalgos)
5) Sátiras político- guerreiras:
Xira en torno a dous temas:
a) a covardía dos nobres portugueses que entregaron os castelos a Afonso de Bologna
b) a covardía dos que abandonaron a Afonso X no campo de batalla na guerra contra Granada
6) Sátiras morais:
Son un grupo reducido no que o trobador expresa a súa amargura a a súa disconformidade co mundo.