ORACIÓNS REPASO GALEGO 4º.TODOS OS TIPOS.
ANALIZA POR ÁRBORE AS SEGUINTES CLÁUSULAS E ORACIÓNS.
1. Marchou para o cine antes de que discutisemos.
2. Comemos na casa ou imos fóra pero decídete axiña.
3. Estivo no Caribe de vacacións para intentar esquecer o seu fracaso amoroso.
4. Non amosou mellora no comportamento aínda que está indo á
psicóloga.
5. Avisoume de que chegaría tarde á reunión.
6. Se non traes ti os Cds, non teremos música ningunha.
7.O can cuxa foto saiu onte na prensa é moi valioso.
8.Fixeron a coreografía como lles ensinara o monitor.
9. Tes
que vir cando te mande o médico.
10.Comprou unha moto que corre bastante.
11. Ou fas ti o biscoito ou quedamos sen sobremesa.
12. Estiveron falando de que necesitaba unha malla de ballet.
13.Leu o libro, daquela fuxiu.
14. Ten o valor de dicir que el non foi.
15. Os libros que mercamos no centro comercial estaban defectuosos.
16.Puxo a mochila onde lle apeteceu e logo caeulle.
17.Ti fai o que queiras pero logo non te queixes.
18. Pintou o cadro aínda que non tiña o material na aula.
19. Se necesitas un coche novo, mércao xa.
20. Estaba impaciente por saber os resultados de selectividade.
SOLUCIÓNS:
1. CLAÚSULACOMPLEXA QUE DENTRO TEN UNHA SUBORDINADA ADVERBIAL TEMPORAL(antes de que discutisemos)
2. CONXUNTO ORACIONAL ADVERSATIVO E DENTRO DA PRIMEIRA TEN UN CONX, ORAC. DISXUNTIVO.
3. ORACIÓN BIPOLAR FINAL.
4. ORACIÓN BIPOLAR CONCESIVA.
5. CLÁUSULA COMPLEXA , DENTRO TEN UNHA SUB. SUBST. DE C. RÉXIME(de que chegaría tarde á reunión)
6. ORACIÓN BIPOLAR CONDICIONAL
7. CLÁUSULA COMPLEXA QUE DENTRO TEN UNHA SUBORDINADA ADXECTIVA DE RELATIVO QUE SAE DO MODIFICADOR DA FRASE SUBSTANTIVA QUE HAI NO SUXEITO (cuxa foto saíu onte na prensa)
8. CLÁUSULA COMPLEXA QUE DENTRO TEN UNHA CLÁUSULA ADVERBIAL MODAL(como lles ensinara o monitor)
9. CLÁUSULA COMPLEXA QUE DENTRO TEN UNHA CLÁUSULA ADVERBIAL TEMPORAL(cando te mande o médico)
10. CLÁUSULA COMPLEXA QUE DENTRO TEN UNHA CLÁUSULA ADXECTIVA DE RELATIVO(que corre bastante)
11. ORACIÓN COORDINADA DISTRIBUTIVA
12. CLÁUSULA COMPLEXA QUE DENTRO TEN UNHA CLÁUSULA SUB. SUBST DE COMPL . DE RÉXIME(de que necesitaba unha malla de ballet)
13. ORACIÓN BIPOLAR CONSECUTIVA
14. CLÁUSULA COMPLEXA QUE DENTRO TEN UNHA CLÁUSULA SUB. SUBST DE C.N (de dicir que el non foi)
15. CLÁUSULA COMPLEXA QUE DENTRO TEN UNHA CLÁUSULA ADX DE RELATIVO C.N (que mercamos no centro comercial)
16. ORACIÓN COORDINADA COPULATIVA E A 1ª ORACION É COMPLEXA QUE DENTRO TEN UNHA SUBORDINADA ADVERBIAL LOCATIVA(onde lle apeteceu)
17. ORACIÓN COORDINADA ADVERSATIVA QUE LOGO NA 1ª ORAC. TEN DENTRO UNHA SUB. SUBT. DE CD(o que queiras)
18. ORACIÓN BIPOLAR CONCESIVA
19. ORACIÓN BIPOLAR CONDICIONAL
20. CLÁUSULA COMPLEXA QUE DENTRO TEN UNHA CLÁUSULA SUB. SUBST DE
C. ADX (por saber os resultados de selectividade)