lunes, 15 de abril de 2013

CARLOS CASARES- VIDA E OBRA(LITE.GAL. 4º)


CARLOS CASARES
Carlos Casares naceu en Ourense no ano 1941 no seo dunha familia de clase media. Con tan só tres anos trasládase a Xinzo de Limia, onde seu pai exercía a profesión de mestre. Deste xeito, vivirá no rural galego a súa primeira infancia, fortemente vencellado á lingua do país,Carlos Casares será enviado ao Seminario Conciliar de Ourense onde cursará Humanidades entre os cursos 1952-53 e 1956-57. Durante estes anos vivirá unha forte represión lingüística que espertará no autor un espírito inconformista. Como consecuencia disto, Carlos abandonará o Seminario e cursará os estudos de Bacharelato por libre, o cal lle facilitará unha chea de horas de liberdade que investirá no que serán os comezos da súa creación literaria. Así, gañará un premio na capital ourensá que lle dará a posibilidade decoñecer ao intelectual galeguista Vicente Risco, 
Rematados os estudos, Casares instálase en Santiago de Compostela onde comeza a carreira de Filosofía e Letras, especializándose en Filoloxía Románica,(francés) entre os anos 1961 e 1967. Na Universidade entrará en contacto con Arcadio López-Casanova, e grazas a el coñecerá a Ramón Piñeiro, vencellándose así no núcleo da cúltura galega antifranquista.
Rematada a carreira, Carlos regresa a Xinzo para agardar a convocatoria de oposicións. Mentres tanto, solicita praza no Instituto de Ourense pero comeza traballar en Viana do Bolo, como profesor auxiliar no “Colegio Libre Asociado”. Unha vez alí entrará en conflito coa dirección do Centro ao realizar actividades que non gustaban ao Réxime. Deste xeito, será expulsado e, debido á intervención do Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, seralle prohibido exercer a docencia en toda Galiza. Así, emigrará a Biscaia onde estará pouco tempo por causa duns problemas do Centro, alleos ao autor.
Na volta desta viaxe, coñece no tren a Kristina Berg, unha rapaza sueca que se converterá na súa muller até o fin dos seus días. Así, Carlos visitará con frecuencia Suecia, un país cunha sociedade aberta, democrática e avanzada, e alí nacerán os seus fillos, Hakan e Christian.
No 1974 convócanse oposicións, ás que Carlos se presenta e consegue praza de profesor de Lingua e Literatura Española no Instituto de Ensino Medio de Cangas do Morrazo. Pero ao pouco tempo será expedientado xunto a Méndez FerrínAlonso Montero e Francisco Rodríguez.
Un ano despois, Casares gañará o premio Galaxia, conmemorando o 25 aniversario da editorial, que o levará a ser recoñecido como unha das voces emerxentes máis renovadoras e significativas da narrativa galega. Isto, xunto aos estudos realizados sobre Otero PedrayoVicente Risco ou Curros Enríquez, levaríano a entrar na Real Academia Galega no ano 1977, sendo o membro numerario máis novo.
A pesar do seu traballo como ensaísta, Carlos Casares non esquecerá a narrativa, e seguirá publicando obras sendo moi ben acollidas polo público.

Participación política

Carlos Casares participa tamén da política galega nos anos de transición e comezos da democracia.Destaca a súa participación como independentes nas listas do PSOE e a seren membros do primeiro parlamento de Galiza no ano 1981. Nel, cómpre salientar o esforzo que ambos os dous intelectuais farían para a redacción e aprobación da Lei de Normalización Lingüística no 1983 e a creación do Consello da Cultura Galega, no mesmo ano. Mentres, a actividade política non remataba de convencer ao intelectual pasaría a centrarse de novo no traballo cultural, chegando a presidir o Consello da Cultura Galega (1996-2002), e a dirixir a editorial Galaxia (1986-2002) e a revista Grial.
Xa nos anos 90 Carlos Casares dedicarase a viaxar por medio mundo participando en múltiples congresos e encontros. Así, acudirá aos Congresos mundiais do Pen Clube en Maastrich, Toronto e Compostela, no Literarisches Kolloquium en Berlín ou dará cursos de galego en cidades como Nova York.
Carlos Casares finará o 9 de marzo do 2002 de xeito repentino debido a unha crise cardíaca.


OBRA

Revistas

Colaborou en numerosas revistas e xornais, entre eles Grial, revista da que foi director dende 1989 a 2002,

Narrativa


Ensaio

  • Manuel Curros Enríquez (1980, Galaxia).
  • Otero Pedrayo (1981, Galaxia).
  • Vicente Risco (1981, Galaxia).
  • Conversas con Ánxel Fole (1984, Galaxia).
  • Francisca Herrera Garrido (1987, Real Academia Galega).
  • Ramón Otero Pedrayo (1988, Real Academia Galega).
  • Ramón Piñeiro: unha vida por Galicia (1991Caixa Galicia. 2005, Galaxia).
  • Fermín Bouza Brey (1992, Real Academia Galega).
  • Na marxe de cada día: follas dun diario (1994, La Voz de Galicia).
  • A vida de Ánxel Fole (1996, Galaxia).
  • Guía da provincia de Pontevedra: arte, cultura e gastronomía (1996).
  • Ramón Piñeiro (1996, Xunta de Galicia).
  • Ánxel Fole: escolma de textos (1997, Real Academia Galega).
  • Hemingway en Galicia (1999, Galaxia).
  • Un país de palabras (1999, Galaxia).
  • Biografía de Don Juan de la Coba (2000, Galaxia).
  • A vida do padre Sarmiento (2001, Galaxia).
  • Conciencia de Galicia: Risco, Otero, Curros : tres biografías (2004, Galaxia).
  • Á marxe, 1992. Obra xornalística I (2005, Galaxia).
  • Á marxe, 1993. Obra xornalística II (2005, Galaxia).
  • Á marxe, 1994. Obra xornalística III (2006, Galaxia).
  • Á marxe, 1995. Obra xornalística IV (2006, Galaxia).
  • Á marxe, 1996. Obra xornalística V (2007, Galaxia).
  • Á marxe, 1997. Obra xornalística VI (2007, Galaxia).
  • Á marxe, 1998. Obra xornalística VII (2008, Galaxia).

Literatura infantil

Biógrafo e ensaísta

Como biógrafo e ensaísta legounos varios traballos sobre a vida e obra de Vicente RiscoOtero PedrayoRamón PiñeiroCurros Enríquez e o Padre Sarmiento; así como unha achega á presenza de Ernest Hemingway en Galicia e de Galicia na obra do escritor norteamericano, Hemingway en Galicia (1999).
O humor, a sinxeleza e a claridade no tratamento dos temas que afectan ó mundo de hoxe constitúen as marcas máis características do seu estilo narrativo e ensaístico.

Tradutor

Obras colectivas

  • Contos da xustiza (1991, Ir Indo).
  • Os contos da campaña (2) (1992, Xunta de Galicia).
  • O mundo desde aquí (1993, IGADI).
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996, Xerais).
  • Para ler a Vicente Risco (1997, Galaxia). Con Arturo Lezcano e Antón Risco.
  • Novos exercicios de estilo (2000, Universidade da Coruña).
  • Palabras con fondo (2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
  • Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I) (2001, Consello da Cultura Galega).
  • Galicia: nai e señora (2002, Nigra).
  • Narradio. 56 historias no ar (2003, Xerais).

Premios

Na súa honra fíxose en Vigo un instituto co seu nome: IES Carlos Casares de Vigo e adicóuselle o día das letras galegas no 2017.