sábado, 3 de noviembre de 2018

ORIENTACIÓN ABAU LINGUA E LITERATURA GALEGA 2º BACHARELATO

ABAU LINGUA E LITERATURA GALEGA 2º BACHARELATO
ESTRUTURA XERAL: 
I. Competencia comunicativa 5 puntos
a)Comprensión textual. 2 puntos (2 preguntas de 1 punto)
b) Produción textual .3 puntos (1 pregunta) 
II. Contidos específicos da materia 5 puntos 
a)Lingua e gramática 2 puntos (2 preguntas de 1 punto) 
b) Lingua e sociedade 1 punto (1 pregunta)
c) Literatura 2 puntos (1 pregunta) 
INDICACIÓNS SOBRE A PROBA 
I. Consideracións relativas á parte de competencia comunicativa 
a) Comprensión textual (preguntas 1 e 2) 
Formularanse dúas cuestións brevescunha valoración de 1 punto cada unha─ sobre algún aspecto de interpretación e análise do texto proposto, na liña das que a continuación se indican a modo de exemplo: 
  • Resumo breve do texto ou dunha parte del. 
  • Estrutura do texto. 
  • Ideas principais e secundarias. 
  • Intencionalidade do texto O alumnado deberá comprender o sentido real do texto, máis alá da súa literalidade, percibindo recursos como, por exemplo, a ironía, as implicaturas, presuposicións... 
  • Significado concreto no texto dalgunhas palabras, expresións ou fragmentos. 
  • Recoñecemento e descrición de recursos cohesivos gramaticais e léxico- 
    semánticos. 
  • Descrición do rexistro do texto e análise das súas características. 
    b) Produción textual (pregunta 3) 
    Pediráselle ao alumnado que constrúa un texto persoal cunha extensiónaproximada de 200-250 palabras sobre un tema proposto, relacionado dalgún xeito co contido do exame. Nesta pregunta valorarase a capacidade para producir un texto que sexa informativo, coherente, ben estruturado e adecuado á situación comunicativa. A cualificación da pregunta (3 puntos) desagregarase en tres tramos de 1 punto cada un, do seguinte xeito: 
1) Construción textual: 1 punto. Valorarase:
  • A adecuada selección da información, coa presenza daquela que sexa pertinente e necesaria para 
    que o texto resulte comprensible. Terase en conta a capacidade para evitar clixés, estereotipos, lugares comúns e ideas excesivamente previsibles, así como unha orixinalidade gratuíta e afastada do contido do texto da proba. 
  • A coherencia discursiva. A sucesión de enunciados do texto debe presentar continuidade temática e progresión informativa. 
  • A organización da información: estruturación do texto (p. ex., introdución, desenvolvemento e conclusións), argumentación e organización en parágrafos. 
    2) Adecuación léxico-gramatical: 1 punto.Valorarase:
    • A capacidade de construción de textos adecuados á situación (formal) en que estes se producen. 
Terase en conta o manexo apropiado dos rexistros da lingua nas escollas lexicais e nas construcións gramaticais. O texto deberá evitar polo tanto trazos propios da oralidade e dos textos espontáneos e non planificados, así como aqueles que amosen un requintamento afectado. En definitiva, valorarase o bo manexo dos recursos cohesivos, tanto gramaticais coma léxicos. 
3) Corrección ortográfica e gramatical: 1 punto.Valorarase: O correcto dominio da ortografía e dos signos de puntuación, así como a gramaticalidade das construcións sintácticas e das escollas morfolóxicas, desde o punto de vista do galego estándar.
A extensión proposta debe entenderse a título aproximativo e informativo. Porén, para evitar estratexias elusivas maliciosas, a presentación de textos cunha extensión manifestamentemenor á solicitada, ao extremo de dificultar a avaliación da tarefa, suporá unha diminución proporcional da valoración global da pregunta. 
Polo mesmo motivo non se tomarán en consideración os textos (ou parte deles) que carezan da necesaria pertinencia con relación ao tema proposto. 
II. Consideracións relativas á parte de contidos específicos da materia c) Lingua e gramática (preguntas 4 e 5) Formularanse dúas preguntas breves sobre contidos de: 
  • Fonética e fonoloxía 
  • Morfoloxía e sintaxe 
  • Semántica e lexicoloxía 
    • Dialectoloxía
    En canto ao contido, estas preguntas referiranse aos estándares de aprendizaxe avaliables que figuran recollidos na matriz de especificacións dentro do bloque 3, “Funcionamento da lingua”. 
    En canto ao enfoque, as preguntas gramaticais poderán conter algunha cuestión de gramática comprensiva, como vén acontecendo en exames anteriores. Nelas comprobarase a capacidade do alumnado para explicar as diferenzas no uso dunhas ou outras construcións gramaticais. 
    Como de costume, na resposta a estas preguntas poderá empregarse calquera das terminoloxías lingüísticas existentes, sempre que se faga de maneira coherente. 
    d) Lingua e sociedade (pregunta 6) 
    Formularanse dúas preguntas, das que o alumnado deberá responder só a unha. As posíbeis preguntas son: 
  1. Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos. 
  2. Historia da normativización: a construción da variedade estándar. Interferencias e 
    desviacións da norma. 
  3. O galego, lingua en vías de normalización. 
  4. O galego no primeiro terzo do século XX: características lingüísticas 
    fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística. 
  5. O galego de 1936 a 1978: características lingüísticas fundamentais. Contexto 
    histórico e situación sociolingüística. 
  6. O galego a finais do século XX e comezos do XXI: características lingüísticas 
    fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística. 
Agárdase do alumnado unha resposta concisa e asemade completa, acorde coa puntuación que se lle concede á pregunta e co tempo do que se dispón para o exame. Sería desexable unha extensión aproximadadunhas 200 ou 220 palabras. 
Ao se tratar dunha extensión breve para unha pregunta deste tipo, valorarase a capacidade para seleccionar e presentar a información máis relevante sobre o tema escollido, así como para evitar divagacións e xeneralidades. 
e) Literatura (pregunta 7) 
Formularanse dúas preguntas, das se se deberá responder só unha. As posíbeis preguntas son: 
1.A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras representativas. 
2.A poesía de vangarda. Características, autores e obras representativas. 
3.A prosa do primeiro terzo do XX: as Irmandades e o Grupo Nós (narrativa, ensaio e xornalismo). 
4.O teatro do primeiro terzo do XX: Irmandades, vangardas e Grupo Nós. 
5.A poesía entre 1936 e 1975: a Xeración do 36, a Promoción de Enlace, a Xeración das Festas Minervais.
6.A prosa entre 1936 e 1975: os renovadores da prosa (Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas). 
7.A Nova Narrativa Galega. Características, autores e obras representativas.
8.O teatro galego entre 1936 e 1975: a Xeración dos 50 e o Grupo de Ribadavia.
  1. A literatura do exilio entre 1936 e 1975: poesía, prosa, teatro.
  2. A poesía de fins do XX e comezos do XXI.Temas e autores dos 80 e dos 90. 
    Poetas e tendencias actuais máis relevantes. 
  3. A prosa de fins do XX e comezos do XXI. 11.Temas e autores dos 80 e dos 90. Prosistas e tendencias actuais máis relevantes. 
  4. O teatro de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Dramaturgos, tendencias e compañías actuais máis relevantes. 
Non só obras. Valorarase o tratamento, no tema escollido, dos seguintes elementos: 
considerarán correctas as respostas que consistan nunha mera listaxe de autores e 
  • Información sobre o contexto: acontecementos históricos, grupos, influencias, iniciativas, tendencias, etc. 
  • Información acerca dos principais autores/as dun período ou corrente. Esta non só debe facer referencia ás obras máis importantes senón tamén aos trazos que caracterizan cada un dos autores/as. 
  • Información acerca do que un grupo, autor/a ou época supuxeron na historia da literatura galega. Observacións comúns para as preguntas 6 e 7 
    As dúas posibilidades que se ofrecen para que o alumnado realice unicamente unha delas serán as mesmas nas Opcións A e B do exame. Deste xeito poderá escollerse unha ou outra sen que inflúan as preferencias nas preguntas de sociolingüística e de literatura. 
A pesar de estaren formuladas sobre un repertorio pechado preestablecido, valorarase nas respostas a elaboración dun texto persoal, e non dunha reprodución puramente memorística. 
Consideracións relativas á corrección lingüística da proba 
De igual maneira que se veu facendo nestes anos pasados, valorarase a corrección lingüística do exame. Os erros poderán descontar até un máximo de 2 puntos sobre a cualificación global. O cálculo levarase a cabo segundo a seguinte clasificación: 
  • Moi graves: solucións que son alleas ao sistema lingüístico do galego, como tempos compostos, mala colocación dos clíticos, etc. Descontaranse 0,2 puntos por cada un. 
  • Graves: solucións ortográficas contrarias á norma lingüística (b/v,h,y, etc.) e acentuación diacrítica. Descontaranse 0,1 punto por cada un. 
  • Leves: solucións galegas alleas ao estándar vixente e acentuación non diacrítica. Descontaranse 0,05 puntos por cada un. 
    Estas penalizacións non se aplicarán sobre a pregunta 3 xa que, tal como se indicou, na propia valoración da pregunta está incluída a avaliación da corrección lingüística do texto producido.