OS BLOQUES DIALECTAIS
BLOQUE OCCIDENTAL
TRAZOS FONÉTICOS:
Gheada: fenómeno que consiste na pronuncia aspirada do /g/ en calquera posición:ghato, algho...
-Seseo: fenómeno consistente na inexistencia do fonema "z" /θ/, no seu lugar, existen dous tipos de "s" /S / (un apical e outro predorsal). Segundo a posición na que se dea, distínguense dous tipos de seseo: implosivo, en posición final de sílaba: lus, des, rapás, etc.; e explosivo, en posición inicial de sílaba: sebola, faser, etc.
seseo total: sopa/ sebola/lus
-Ditongo oi convive ó lado de ui,que proveñen dos grupos latinos –ULT-, _UCT-, _OCT-, _ORI- (área fisterrá e sur de Pontevedra): noite, troita, loita, moito, coiro, nuite (só fisterrá) truita, luita, cuiro.
-Mantemento do ditongo ai diante de –x: caixa, baixo.
-Eliminación do U do grupo CUA: catro, cando, cal.
TRAZOS MORFOSINTÁCTICOS:
Nomes:
- Solución das terminacións latinas –ANU, -ANA en –an: (o) irmán, (a) irmán.
-Solución da terminación latina –INU en iño: paxariño, peixiño.
-Plural dos nomes acabados en –n en –ns: camións.
-Plural dos nomes acabados en –l en –les: caracoles.
Pronomes:
-Pronome persoal suxeito de 2ª persoa ti.
-Distinción entre te e chefronte a zonas onde só se emprega che (área fisterrá) ou te (Baixo Miño).
-Uso da contracción llo, tanto referida a el como a eles.
-Formas masculinas dos demostrativos e do pronome persoal de 3ª persoa este, ese, aquel, el; formas neutras isto, iso, aquilo, no centro e sur de Pontevedra.
Verbos:
- Segunda persoa do singular do Pretérito de Indicativo da 2ª conxugación do tipo comeches/comestes.
- Presente de Subxuntivo con –e pechado ou –a- tónicos (andemos, comamos, partamos).
- 2ª persoas do plural do tipo cantades(cantás na fisterrá norte); cantandes e cantais no Baixo Miño).
- Uso das formas irregulares tendes, vindes.
- Von, ton: área fisterrá.
- Uso do verbo tar (estar).
- corriu/correu.
Nas áreas
Existen outros trazos de extensión máis reducida e que se localizan nalgunha das áreas deste bloque:
-Área fisterrá: cheísmo(uso de che como OD): vinche na praia.
-Área bergantiñá:terminación –iuna P3 do pret. perf. Dos verbos da 2ª e 3ª conxugación: colliu, partiu.
-Área pontevedresa: terminación –eu na p3 do pret. perf. Dos verbos da 2ª e 3ª conxugación: colleu, parteu. Terminación en -in (verbo parar: parín un autobús para ir a Santiago).
Na subárea do Salnés existe confusión entre ver e mirar, no Morrazo emprégase o arquilexema mirar. Na subárea do Baixo Miño (Oia, A Guarda, O Rosal, Tomiño) existe teísmo.
BLOQUE CENTRAL
Trazos fonéticos
- Presencia de gheada na zona occidental.
-Ausencia case total de seseo, isto é, distinción entre /θ/ e /s/.
-Ditongo oi(t): noite, troita, loita, moito, coiro.
-Mantemento do ditongo ai diante de x: caixa, baixo.
- Comezo da palabra ca-: (salvo no centro-sur de Ourense, que é cua-): catro, cando, cal.
Trazos morfosintácticos
-Solución das terminacións latinas –ANU, -ANA en –ao, -á(ao para o masculino e –á para feminino (o) irmao, (a) irmá).
-Solución da terminación latina –INU en iño: paxariño, peixiño.
-Plural dos nomes acabados en –n en –s: camiós.
-Plural dos nomes acabados en –l en –les: caracoles.
Pronomes:
-Alternancia pronomes ti/tu : pronome persoal suxeito tu, agás na zona occidental.
-Distinción entre te e che.
- Uso da contracción llo (referido a el/ela) e llelo(referido a eles/a elas), agás en Ourenseque se emprega llo.
- Formas masculinas dos demostrativos e do pronome persoal de 3ª persoa iste, ise, aquil, il,na área lucu-auriense; formas neutras isto, iso, aquilono norte da Coruña.
Verbos:
- Segunda persoa do sing. do Pr. Perf. Ind. da 2ª conxugación do tipo comiches.
- Presente de sub. con –e tónico aberto (andemos, collemos, partemos)
- Segundas persoas do plural do tipo Cantades(cantandes no sur de Ourense).
- Uso das formas irregulares tedes, vides, salvo en Ourense (tendes, vindes).
Nas áreas
Só dúas das catro áreas deste bloque presentan trazos dialectais específicos de relevancia.
- Área mindoniense: pronomes nosoutros/-as. Presenta maior orixinalidade no léxico.
-Área lucu-auriense: formas dos demostrativos iste, ise, aquil, pronome persoal il.
BLOQUE ORIENTAL
Trazos fonéticos
-Inexistencia de gheada.
-Ausencia de seseo
-Ditongo ui(t), ó lado doutras solucións: truita, luita, mutio, muto
-Redución do ditongo ai diante de x:caxa
-Ditongo -ua- no comezo da palabra cua-: cuatro, cual, cuando.
Trazos morfosintácticos
- Solución -ANU, -ANA: en –ao, -á: irmao, irmá.
- INU en ín na zona máis oriental: camín, vecín, paxarín.
- Plural en –is para substantivos rematados en –n: camiois, pantalois.
- Plural dos nomes acabados en –l en –is: caracois.
- Pronome Tu.
-Distinción te e che. Ancares leoneses e no galego zamorano só te.
-Distinción llo /llelona zona norte e uso de llo na sur.
-Formas masculinas dos demostrativos e do pronome persoal de 3ª persoa este, ese, aquel, el; formas neutras esto, eso, aquelo.
Vogal epentética en sílaba final: mutio, pacio, preguicia.
Verbos:
Morfema –is na p5 do presente de indicativo: cantais, marchais,falais.
- Formas:fa-i-s, fa-i-n, te-i-s.
- Formas con nasal: cantein, cantén, don, von.
-Conteio, deixouo(agás na astur-gal: conteilo, deixoulo).
- Uso das formas irregulares tedes,vides, no norte e centro;tendes, vindes, no sur.
- Segunda persoa do sg. do Pret. de Ind. da 2ª conxugación do tipo comiches.
- Presente de subxuntivo con –e pechado ou –a- tónicos (andemos, collamos, partamos)
Nas áreas
Outros trazos relevantes, de extensión máis reducida, localízanse nestas áreas do bloque oriental:
- Área asturiana: mantemento do –l- intervocálico: avolo (por avó); molín (por muíño), calente (esta tamén no linde León-Galicia).
- Área ancaresa: vogais nasalizadas: cadea, ua; restos de gheada.
- Área zamorana: teismo (uso de te como OI): eu non te dou iso.
Ausencia de –n nos perfectos fortes (1ª pers): collí, partí.