COMO
ANALIZAR UNHA CANTIGA
-
A
FORMA
-
1)
Cobras = estrofas // palavras = versos (octosílabo ou
decasílabo) .Cóntase ata a última sílaba acentuada(se palabra é grave contaría só ata a penúltima sílaba) e
regularízase, é dicir, danse varias medidas cóllese a que máis
teñas.
-
2)
Poden ser de: a)Mestría (máis perfectas) / b)refrán
(repítese o último verso ou os dous últimos en todas as cobras)
-
3)
Rimas: MASCULINA(aguda) / FEMIA (grave, pónselle un
apóstrofo) , ademais será consoante e asonante.(Palavra perduda =
verso libre) Se algunhas son femias e outra masculinas teremos MESTURADA
-
4)
Tipos de cobras:
-
UNISONANTES:
único esquema rítmico aaaa aaaa aaaa aaaa
-
DOBRAS:
esquema varía cada dúas estrofas aaaa aaaa bbbb bbbb
- SINGULARES: diferente esquema cada estrofa, todas diferentes.aaaa bbbb cccc dddd
-
ALTERNAS:
unha si unha non ,teñen a mesma rima.aaaa bbbb aaaa bbbb
O REFRÁN NON SE TERÁ EN CONTA PARA CLASIFICAR AS COBRAS, VAI POR LIBRE.PONSE LETRA MAIÚSCULA NESTE XA QUE NA IDADE MEDIA NON HAI ARTE MAIOR OU MENOR. AS MAÍÚsCULAS ÚSANSE SÓ NO REFRÁN.
-
RECURSOS
-
Xeralmente
nas CANTIGAS DE AMIGO
temos:
-
A)PARALELISMO:
repetición da mesma idea en dúas COBRAS seguidas nas que só mudan as palabras finais de cada PALAVRA ou a
orde delas, co que varía a rima.
Paralelismo
literal:
repetición de palabras
Paralelismo
estrutural:
repetición de estruturas sintácticas ou rítmicas
Paralelismo
semántico:
repetición de significados.
O
paralelismo nas cantigas de amigo pode ser de dous tipos: perfecto
e
imperfecto.
O paralelismo imperfecto prodúcese entre pares de estrofas, cando a
segunda repite con modificacións mínimas o contido da primeira. O
paralelismo perfecto dáse cando esa repetición vai acompañada polo
recurso do leixaprén.
-
B)LEIXAPRÉN:
("deixa-colle") reiteración dos segundos versos dun par
de estrofas como primeiros versos do par seguinte, o que acentúa o
paralelismo entre as estrofas que o teñen. O segundo verso da
primeira estrofa é o primeiro verso da terceira, o segundo verso da
segunda estrofa é o primeiro da cuarta e así sucesivamente.
-
C)REFRÁN:
verso ou versos repetidos ao final de cada cobra. Ponse sempre en MAIÚSCULAS, como se fose arte maior.
.CANTIGAS DE AMIGO- SUBXÉNEROS
Existe unha clasificación tradicional que vén distínguir aínda varios subxéneros:
-
Barcarolas
ou mariñas: Sitúanse en presenza do mar, que adquire certa
personalización ao dirixirse a el a amiga como confidente seu.
-
Cantigas
da romaría: A amiga está nun santuario, ermida ou capela,
lugar de reunión que sirve de pretexto para o encontro dos
namorados. Este contexto é exclusivo da literatura
galego-portuguesa.
-
Bailadas:
Composicións alegres e festivas nas que se realiza unha invitación
á danza.
-
Albas
ou alboradas:
Faise referencia ao amañecer; nas "albas" provenzais os
amantes separábanse após teren pernoitado xuntos.
Xeralmente nas CANTIGAS DE AMOR temos:
-
a)Fiinda:
versos de finalización despois da última cobra.
-
b)Dobre:
repetición dunha palabra en lugares simétricos da cobra(O dobre e
o mozdobre son
dous recursos abondosamente utilizados neste tipo de cantigas). O
dobre consiste
na repetición dunha palabra en dous lugares simétricos dunha
estrofa:
Pero
non devía a perder
ome,
que ja o sen non ha,
de
con sandece
ren
dizer;
e
con sandece
digu’eu
ja:os olhos verdes que eu vi
me
fazen ora andar assí.
(Johán
García de Guilhade)
Cando
a palabra vai ao final do verso chámaselle palabra- rima.
-
c)Mordobre:
repetición do mesmo lexema con diferentes morfemas
con variación das terminacións (habitualmente, formais verbais).
Cando ocupa a posición de rima recibe o nome de rima-derivada:
Se
eu podesse desamar
a
quen me sempre desamou,
e
podess’algún mal buscar
a
quen me sempre mal buscou!
Assí
me vingaría eu,
se
eu podesse coita dar,
a
quen me sempre coita deu.
(Pero
da Ponte)
D) Tópicos:nas cantigas de amor segundo o que nelas se fale aparecen varios tópicos que son como temas que o poeta toca na súa cantiga.Son actitudes que el vai ter respecto da súa senhor.
-
Mesura: non dicir o nome da súa amada e usar a palabra senhor pois as súas composicións van adicadas a mulleres casadas.
-
Coita de amor: aparece cando na cantiga o poeta sofre por un amor non correspondido. Pode chegar á morte por amor.
-
Fin´amors: el amósase coma un vasalo ante a sua amada,pois ela é un ser superior.
-
Joi de amor: a felicidade por ser o amor correspondido.
Xeralmente nas CANTIGAS DE ESCARNIO E MALDIZER temos:
Clasifícanse en subxéneros dependendo do eixe temático que nelas se desenvolva:- 1)
Cantigas dirixidas contra outros poetas:Neste
grupo entran todas aquelas cantigas en que trobadores, segreis e
xograres atácanse uns aos outros entodos
os planos da vida pública ou privada.
2)
Cantigas contra as soldadeiras:
As
soldadeiras son bailarinas ou cantareiras que acompañaban á corte
en tódolos seus desprazamentos.
Tódalas
súas virtudes, os seus vicios e, sobre todo, a súa bellice,
será obxeto de escarnio. Amáis coñecida é
María
Balteira ou María Pérez.
3)
Parodias da cantiga de amor, de amigo e da poesía heroica:
Neste
grupo os trobadores búrlanse de sí mesmos, fan escarnio da coita,
da sanha da senhor e da morte de amor.
É
magnífico o ciclo adicado a Roi Queimado, pedindo xa que morra dunha
vez.
4)
Sátira das clases sociais:
Por
el pasan tódolos grupos sociais (alfaiates, médicos, avogados, ...
−−non aparecen
labregos
nin grupos non burgueses−−) e sobre todo os grupos eclesiásticos
e a aristocracia.por cardenais, bispos, abades, ...son escanecidos
polos seus
Dentro
da nobreza, os máis vilipendiados serán os infanzóns,
que é o estrato máis baixo da aristocracia, (o queserán logo
fidalgos)
5)
Sátiras político−guerreiras:
Xira
en torno a dous temas:
a)
a covardía dos nobres portugueses que entregaron os castelos a
Afonso de Bologna
b)
a covardía dos que abandonaron a Afonso X no campo de batalla na
guerra contra Granada
6)
Sátiras morais:
Son
un grupo reducido no que o trobador expresa a súa amargura a a súa
disconformidade co mundo.