miércoles, 25 de noviembre de 2015

CANTIGA DE AMIGO ANALIZADA

MARTÍN CODAX [B 1283 / V 889 / PV 6]

Eno sagrado, en Vigo,
bailava corpo velido:
amor hei!

En Vigo, no sagrado,
bailava corpo delgado:
amor hei!

Bailava corpo velido,
que nunca houver'amigo:
amor hei!

Bailava corpo delgado,
que nunca houver'amado:
amor hei!

Que nunca houver'amigo,
ergas no sagrad', en Vigo:
amor hei!



Que nunca houver'amado,
ergas en Vigo, no sagrado:
amor hei!

ESTAMOS ANTE UNHA CANTIGA DE TIPO PROFANO PORQUE É UNHA CANTIGA DE AMIGO CON TEMA AMOROSO. O SEU XÉNERO É DE AMIGO PORQUE FALA UNHA MULLER NAMORADA, FALA DO SEU AMADO AMIGO E INCITA AO BAILE POLO QUE O SEU SUBXÉNERO É BAILADA.
ESTÁ FORMADA DE SEIS COBRAS ALTERNAS, RIMAS ASONANTE E MESTURADA CON PALAVRAS HEPTASÍLABAS E TRISÍLABAS NO REFRÁN. O ESQUEMA MÉTRICO 7a'7a'3B   7c' 7c '3B  7a' 7a '3B      7c' 7c' 3B

O TEMA DA CANTIGA É   A LEDICIA QUE SENTE A MULLER NAMORADA PORQUE VAI TER UN ENCONTRO AMOROSO CO SEU AMIGO EN VIGO, POR ISO BAILA. É MONOLOGADA PORQUE A RAPAZA FALA CONSIGO MESMA, DESCRIBE O LEDA QUE ESTÁ POLO QUE VAI SUCEDER.
TEN LEIXAPRÉN EN TODO O POEMA(PARALELISMO PERFECTO) E ADEMAIS MOITOS PARALELISMOS DE VARIOS TIPOS;
1ª/4ª PALAVRA PARALELISMO  SEMÁNTICO, 2ª/5ª ESTRUTURAL, 7ª/10ª ESTRUTURAL
8ª/11ª SEMÁNTICO E ESTRUTURAL, 13ª/16ª SEMÁNTICO ESTRUTURAL E 14ª/17ª SEMÁNTICO.
ADEMAIS TEN REFRÁN(AMOR HEI!) NO QUE PRESENTA PARALELISMO SEMÁNTICO E ESTRUTURAL.