miércoles, 25 de noviembre de 2015

CANTIGA DE AMIGO ANALIZADA

MARTÍN CODAX [B 1283 / V 889 / PV 6]

Eno sagrado, en Vigo,
bailava corpo velido:
amor hei!

En Vigo, no sagrado,
bailava corpo delgado:
amor hei!

Bailava corpo velido,
que nunca houver'amigo:
amor hei!

Bailava corpo delgado,
que nunca houver'amado:
amor hei!

Que nunca houver'amigo,
ergas no sagrad', en Vigo:
amor hei!



Que nunca houver'amado,
ergas en Vigo, no sagrado:
amor hei!

ESTAMOS ANTE UNHA CANTIGA DE TIPO PROFANO PORQUE É UNHA CANTIGA DE AMIGO CON TEMA AMOROSO. O SEU XÉNERO É DE AMIGO PORQUE FALA UNHA MULLER NAMORADA, FALA DO SEU AMADO AMIGO E INCITA AO BAILE POLO QUE O SEU SUBXÉNERO É BAILADA.
ESTÁ FORMADA DE SEIS COBRAS ALTERNAS, RIMAS ASONANTE E MESTURADA CON PALAVRAS HEPTASÍLABAS E TRISÍLABAS NO REFRÁN. O ESQUEMA MÉTRICO 7a'7a'3B   7c' 7c '3B  7a' 7a '3B      7c' 7c' 3B

O TEMA DA CANTIGA É   A LEDICIA QUE SENTE A MULLER NAMORADA PORQUE VAI TER UN ENCONTRO AMOROSO CO SEU AMIGO EN VIGO, POR ISO BAILA. É MONOLOGADA PORQUE A RAPAZA FALA CONSIGO MESMA, DESCRIBE O LEDA QUE ESTÁ POLO QUE VAI SUCEDER.
TEN LEIXAPRÉN EN TODO O POEMA(PARALELISMO PERFECTO) E ADEMAIS MOITOS PARALELISMOS DE VARIOS TIPOS;
1ª/4ª PALAVRA PARALELISMO  SEMÁNTICO, 2ª/5ª ESTRUTURAL, 7ª/10ª ESTRUTURAL
8ª/11ª SEMÁNTICO E ESTRUTURAL, 13ª/16ª SEMÁNTICO ESTRUTURAL E 14ª/17ª SEMÁNTICO.
ADEMAIS TEN REFRÁN(AMOR HEI!) NO QUE PRESENTA PARALELISMO SEMÁNTICO E ESTRUTURAL.






COMO COMENTAR UNHA CANTIGA MEDIEVAL. APUNTAMENTOS

COMO ANALIZAR UNHA CANTIGA
    A FORMA
    1) Cobras = estrofas // palavras = versos (octosílabo ou decasílabo) .Cóntase ata a última sílaba acentuada(se  palabra é grave contaría só ata a penúltima sílaba) e regularízase, é dicir,  danse varias medidas cóllese a que máis teñas.
    2) Poden ser de: a)Mestría (máis perfectas) / b)refrán (repítese o último verso ou os dous últimos en todas as cobras)
    3) Rimas: MASCULINA(aguda) / FEMIA (grave, pónselle un apóstrofo) , ademais será consoante e asonante.(Palavra perduda = verso libre) Se algunhas son femias e outra masculinas teremos MESTURADA
    4) Tipos de cobras:
  • UNISONANTES: único esquema rítmico aaaa    aaaa    aaaa    aaaa
  • DOBRAS: esquema varía cada dúas estrofas aaaa aaaa bbbb bbbb
  • SINGULARES: diferente esquema cada estrofa, todas diferentes.aaaa bbbb cccc dddd
  • ALTERNAS: unha si unha non ,teñen a mesma rima.aaaa bbbb aaaa bbbb
O REFRÁN NON SE TERÁ EN CONTA PARA CLASIFICAR AS COBRAS, VAI POR LIBRE.PONSE LETRA MAIÚSCULA NESTE XA QUE NA IDADE MEDIA NON HAI ARTE MAIOR OU MENOR. AS MAÍÚsCULAS ÚSANSE SÓ NO REFRÁN.
    RECURSOS
    Xeralmente nas CANTIGAS DE AMIGO temos:
    A)PARALELISMO: repetición da mesma idea en dúas COBRAS seguidas nas que só mudan as palabras finais de cada PALAVRA ou a orde delas, co que varía a rima.
Paralelismo literal: repetición de palabras
Paralelismo estrutural: repetición de estruturas sintácticas ou rítmicas
Paralelismo semántico: repetición de significados.
O paralelismo nas cantigas de amigo pode ser de dous tipos: perfecto e imperfecto. O paralelismo imperfecto prodúcese entre pares de estrofas, cando a segunda repite con modificacións mínimas o contido da primeira. O paralelismo perfecto dáse cando esa repetición vai acompañada polo recurso do leixaprén.
    B)LEIXAPRÉN: ("deixa-colle") reiteración dos segundos versos dun par de estrofas como primeiros versos do par seguinte, o que acentúa o paralelismo entre as estrofas que o teñen. O segundo verso da primeira estrofa é o primeiro verso da terceira, o segundo verso da segunda estrofa é o primeiro da cuarta e así sucesivamente.
    C)REFRÁN: verso ou versos repetidos ao final de cada cobra. Ponse sempre en MAIÚSCULAS, como se fose arte maior.
Os poetas máis destacados que compuxeron cantigas de amigo foron Meendinho, Pero Meogo, Martín Codax, Johán Zorro, Johán de Cangas, Johán Airas e Don Dinís de Portugal
.CANTIGAS DE AMIGO- SUBXÉNEROS
Existe unha clasificación tradicional que vén distínguir aínda varios subxéneros:
  • Barcarolas ou mariñas: Sitúanse en presenza do mar, que adquire certa personalización ao dirixirse a el a amiga como confidente seu.
  • Cantigas da romaría: A amiga está nun santuario, ermida ou capela, lugar de reunión que sirve de pretexto para o encontro dos namorados. Este contexto é exclusivo da literatura galego-portuguesa.
  • Bailadas: Composicións alegres e festivas nas que se realiza unha invitación á danza.
  • Albas ou alboradas: Faise referencia ao amañecer; nas "albas" provenzais os amantes separábanse após teren pernoitado xuntos.

    Xeralmente nas CANTIGAS DE AMOR temos:

    a)Fiinda: versos de finalización despois da última cobra.
    b)Dobre: repetición dunha palabra en lugares simétricos da cobra(O dobre e o mozdobre son dous recursos abondosamente utilizados neste tipo de cantigas). O dobre consiste na repetición dunha palabra en dous lugares simétricos dunha estrofa:
Pero non devía a perder
ome, que ja o sen non ha,
de con sandece ren dizer;
e con sandece digu’eu ja:os olhos verdes que eu vi
me fazen ora andar assí.
(Johán García de Guilhade)
Cando a palabra vai ao final do verso chámaselle palabra- rima.
    c)Mordobre: repetición do mesmo lexema con diferentes morfemas con variación das terminacións (habitualmente, formais verbais). Cando ocupa a posición de rima recibe o nome de rima-derivada:
Se eu podesse desamar
a quen me sempre desamou,
e podess’algún mal buscar
a quen me sempre mal buscou!
Assí me vingaría eu,
se eu podesse coita dar,
a quen me sempre coita deu.
(Pero da Ponte)

D) Tópicos:nas cantigas de amor segundo o que nelas se fale aparecen varios tópicos que son como temas que o poeta toca na súa cantiga.Son actitudes que el vai ter respecto da súa senhor.
  1. Mesura: non dicir o nome da súa amada e usar a palabra senhor pois as súas composicións van adicadas a mulleres casadas.
  2. Coita de amor: aparece cando na cantiga o poeta sofre por un amor non correspondido. Pode chegar á morte por amor.
  3. Fin´amors: el amósase coma un vasalo ante a sua amada,pois ela é un ser superior.
  4. Joi de amor: a felicidade por ser o amor correspondido.

    Xeralmente nas CANTIGAS DE ESCARNIO E MALDIZER temos:

    Clasifícanse en subxéneros dependendo do eixe temático que nelas se desenvolva:

    1) Cantigas dirixidas contra outros poetas:Neste grupo entran todas aquelas cantigas en que trobadores, segreis e xograres atácanse uns aos outros entodos os planos da vida pública ou privada.
2) Cantigas contra as soldadeiras:
As soldadeiras son bailarinas ou cantareiras que acompañaban á corte en tódolos seus desprazamentos.
Tódalas súas virtudes, os seus vicios e, sobre todo, a súa bellice, será obxeto de escarnio. Amáis coñecida é
María Balteira ou María Pérez.
3) Parodias da cantiga de amor, de amigo e da poesía heroica:
Neste grupo os trobadores búrlanse de sí mesmos, fan escarnio da coita, da sanha da senhor e da morte de amor.
É magnífico o ciclo adicado a Roi Queimado, pedindo xa que morra dunha vez.
4) Sátira das clases sociais:
Por el pasan tódolos grupos sociais (alfaiates, médicos, avogados, ... −−non aparecen
labregos nin grupos non burgueses−−) e sobre todo os grupos eclesiásticos e a aristocracia.por cardenais, bispos, abades, ...son escanecidos polos seus
Dentro da nobreza, os máis vilipendiados serán os infanzóns, que é o estrato máis baixo da aristocracia, (o queserán logo fidalgos)
5) Sátiras político−guerreiras:
Xira en torno a dous temas:
a) a covardía dos nobres portugueses que entregaron os castelos a Afonso de Bologna
b) a covardía dos que abandonaron a Afonso X no campo de batalla na guerra contra Granada
6) Sátiras morais:
Son un grupo reducido no que o trobador expresa a súa amargura a a súa disconformidade co mundo.