COMENTARIO DE TEXTO NARRATIVO 2º ESO
Na ribeira do Oka, vivían felices
numerosos labregos. A terra non era fértil mais, labrada con
constancia, producía o necesario para vivir con folgura e aínda
daba para gardar algo de reserva.
Iván, un dos labradores, estivo unha
vez na feira de Tula e comprou unha fermosísima parella de cans para
que coidasen da súa casa. Ao pouco tempo, os animaliños fixéronse
coñecidos por todos os campos da veiga do Oka polas súas continuas
escapadas, nas que causaban estragos nos campos cultivados,desfacendo
as plantacións e tripando as leiras. Tampouco as ovellas e os xatos
acostumaban saír ben parados, vivían con medo.
Nicolai, veciño de Iván, na primeira
feira de Tula comprou outra parella de cans para que defendesen a súa
casa, os seus campos e as súas terras.
Mais ao tempo que cada labrego – para
estar mellor defendido – aumentaba o número de cans, estes
tornábanse máis esixentes. Xa non se contentaban cos ósos e demais
sobras da casa, senón que había que lles reservar os mellores
anacos das matanzas e houbo lles que construír recintos cubertos e
adicar máis tempo ao seu coidado.
Ao principio, os novos gardiáns
rifaron cos antigos, mais rapidamente se fixeron amigos e os catro
realizaron xuntos as desfeitas.
Cando viron aumentar o perigo, os
outros veciños compraron tamén cans, e así, ao cabo de poucos
anos, cada labrador era dono dun fato de 10 ou 15 cans. Mal
escurecía, co máis leve ruído, os animais corrían furiosos e
armaban tal escándalo que parecía que un exército de bandidos fose
asaltar a casa. Os amos, asustados, pechaban ben as súas portas e
dicían:
-Meu Deus! Que sería de nós sen estes
valentes cans que abnegadamente defenden as nosas casas?
Entre tanto, a miseria apoderárase da
aldea; as crianzas, cubertos de farrapos, palidecían de frío e de
fame, e os homes, por máis que traballaban da mañá á noite, non
conseguían arrancar do chan o sustento necesario para a súa
familia.
Un día, laiábanse da súa sorte
diante do home máis vello e sabio do lugar, e como lle botaban a
culpa ao ceo, o ancián díxolles:
- Vosa é a culpa. Lamentádevos de que
na vosa casa falta o pan para os vosos fillos, que languidecen
delgados e descoloridos, e vexo que todos mantendes ducias de cans
gordos e lustrosos.
- Son os defensores dos nosos fogares –
exclamaron os labradores.
- Os defensores? De quen vos defenden?
- Señor, se non fose por eles, os cans
estraños acabarían cos nosos gandos e mesmo con nós mesmos.
- Cegos, cegos! – respondeu o ancián
– Non comprendedes que os cans vos defenden a cada un de vós dos
cans dos demais e que, se ninguén tivese cans, non precisariades de
defensores que se comen todo o pan que debería alimentar ós vosos
fillos? Suprimide os animais e a paz e a abundancia volverán aos
vosos fogares.
E seguindo o consello do ancián,
desfixéronse dos seus defensores e, un ano máis tarde, os seus
celeiros e despensas non bastaban para conter as provisións e no
rostro de seus fillos sorría a saúde e a prosperidade.
Lev Nikolayevich Tolstoy
1) TEMA. ESTRUTURA: BREVE RESUMO.ANALEPSES,PROLEPSES(Exemplos). TIPO DE FINAL(por que?)
2) NARRADOR. TIPO.POR QUE?.EXEMPLOS.
3)MARCO: espazo(microespazos),tempo(interno,externo)
4)PERSONAXES. TIPOS.
Lev Nikolayevich Tolstoy
1) TEMA. ESTRUTURA: BREVE RESUMO.ANALEPSES,PROLEPSES(Exemplos). TIPO DE FINAL(por que?)
2) NARRADOR. TIPO.POR QUE?.EXEMPLOS.
3)MARCO: espazo(microespazos),tempo(interno,externo)
4)PERSONAXES. TIPOS.