viernes, 9 de marzo de 2018

TEXTO 2 CUNQUEIRO.

A CHAQUETA DO MOURO 
FELIPE de Francos tiña unha moza na Ribeira de Piquín, terra luguesa de Meira, e iba a vela mui montado na súa mula, unha mula alta e manchada, a orella erguida, a cola trenzada, e o andar solene e balanceado. Meira sempre tivo fama de mular, e da Real Abadía saían todas as que montaba o Santo Orde do Cistel nas Españas, e non as hai mellores en Tortosa nin no Poitou, en Francia. En Meira sempre privóu moito o garañón catalán, que é un tipo serio. Felipo, digo ben, iba na súa mula, e ao chegar a Vilares, que son dous muiños, deixaba a mula na corte de Porteiro de Beza, mui seu amigo, e seguía a pe deica a casa da rapaza, cuia porta estaría, como dice o cantar
... achegada
cunha palla de centeo
Felipe era, e é, alto, fraque, bigotudo, pálido. Hai moito pálido por alá, medio morenos, ás veces axitanados. Quizás chegaran alí familias de lonxe, ou teñen mistura de baluros, esa tribu rara da Terrachá, da que tan pouco se sabe. Felipe, nun dos seus viaxes amatorios, atopóu a un home cavando cun sacho no medio do camiño. Non era coñecido, nin pola vestimenta parecía do país.Gastaba un gorro colorado cunha boIra verde, e por calzós usaba uns grandes bombachos marelos. Caía a tarde.
—Perdéuselle algo?, perguntóulle Felipe dende o alto da mula.
—A chaqueta, respondéulle o forasteiro.
Felipe estivo media hora vendo como o descoñecido cavaba e cavaba, e facíao rnui ben e rápido, e axiña fixo un furado no que cabía il, que era un pernicorto algo xorobeta. Metéuse no furado, e saíu dil cunha chaqueta toda de ouro.
—Home, de ouro!, decíalle eu a Felipe.
—Sí, señor, de ouro!
O pequeno púxose a chaqueta e abotonóuse. Unha vez que a tivo posta, deuse no peito con delambos puños, e sonóu a metal.
—E logo cál é a súa gracia?, perguntóulle Felipe, sacando o sombreiro.
—Non ves que son mouro?, dixo o da chaqueta de ouro.
E contóulle a Felipe que viaxando pola fresca, sentárase a botar unha soneta alí en Xunqueiras, e tamén pra non verse obrigado a pasar de día o barrio de Lodoso, que non quería ser visto con aquela prenda, e que pousando a chaqueta no chan, a prenda polo seu peso foi afondando deica quedar enterrada naquela terra branda da ribeira, e que non era somentes polo peso, senón que estando feita con ouros que vifian de tesouros ocultos, tiña a querencia da soterra, e gostáballe escusarse pra que seu amo se perguntase ónde se metera. E ademáis que a chaqueta tifia o vicio, cando se enterraba de ir buscando o camiño que millor a levase a unha ponte, e entón quedábase acolá, facía unha cova cómoda, e estaba séculos sin moverse. E o mouro buscara a chaqueta no camiño, coma vira Felipe, porque xa tiña rnui coñecidas as súas teimas.
—Por iso viaxo sempre con pico, ou sacho ou pata, que non hai día que non teña que buscala.
—Moito traballo é!
Pro non hai prenda que vista como ela
O mouro ofrecéulle a Felipe unha proba, e Felipe dixo que sí e púxose a chaqueta, que lle quedaba estreita, e era unha prenda mui pesada, e non ben a tivo posta Felipe, comenzóu a abanearse, e a tirar por Felipe ao chan, tan seguido e forte que o tumbóu. Caído Felipe, a chaqueta quería someterse na terra, e xa estaba Felipe medio enterrado vivo, cando lle botóu unha man o mouro.
—Tente, Felipiño!, díxolle.
E poñéndose o mouro de novo a chaqueta aquélla, foise cáse que correndo polo camiño de Lodoso. Brilaba a chaqueta dándolle os derradeiros raios daquel doce serán de setembro.

1. DESVÍOS(negriña)
2. SÍNTESE E INTERPRETACIÓN PERSOAL.

TEXTO CUNQUEIRO

MELLE DE LOBOSO
Un tal Melle, veciño de Loboso, Partido de Mondoñedo, decidiu cando xa cumprira setenta anos, aprender a ler e a escribir, e en menos dun mes o mestre houbo de dalo por útil. Ós que lle preguntaban a que viña tomar aquel traballo ós seus anos, contestaba que ó mellor podía mandar algún recado dende o outro mundo, e entón sempre sería mellor por escrito que de palabra. Para que non houber dúbida de que era el quen mandaba as novas, deixaria denantes de morrer unha mostra de letra e papel de barba. E mandou Melle que cando morrese, que lle metesen no peto da chaqueta papel, sobres e lapis tinta. Finouse Melle, i enterrárono co recado de escribir que pedira, i o lápiz tinta afiado pólos dous cabos, i aínda lle meteron no peto unha navalliña por si quebraba pontas, que apertaba moito ó escribir... Pasóu  o tempo e non chegaba recado ningún de Melle i a xente de Loboso íbase esquecendo da ocurrencia. Pasaron dous longos invernos e dous ledos e pequenos veráns. Un sobriño de Melle, por Pascua, mercóu na feira de Meira un par de galiñas, unha negra castel i outra do pescozo pelado, i ó soltalas na eira miroulles o ovo, e ista derradeira viña coil na ponta, tanto que o puxo deloutro día, cediño, e cacarexouno ben. Era un ovo longo, longo, coa casca mourenta e manchada. O sobriño de Melle pensou que tragueria dúas iemas, i antoxóuselle de almorzo unha torreznada, e cando xa se engurraran os liscos na sartén, partíu o ovo nun prato pra batelo, i o ovo, por dedentro, estaba baleiro de crara e xema, e somentes gardaba un sobre, no que estaba escrito con letra de lápiz tinta –letra comprobada do finado Melle– ésto: «Amañai la chimenea. Tu tío que lo es Victoriano Melle». E sob o nome, un solene rubricado. E ben se vía que o Melle tiña mollado a ponta do lápiz máis de dúas veces escribindo o recado.Deu a nova o sobriño a voces, acodiron os veciños, e foi lido cen veces o sobre. Cando o sobriño foi ó galiñeiro; a buscala galiña do pescozo pelado, atopouna morta. I o aviso do finado chegara a tempo si fora atendido, que dúas noites despóis un vendabal que viña tolo, levouse a cheminea dos Melle.E así e todo. Os Melle  de Loboso conservan a carta do tío. Hai veciños de seu que ainda recibiron outras, e todos por ovos ou camiños máis sebredos ainda, pro que isas cartas non as amosan porque tratan de intereses, e consellos en preitos.

1. XÉNERO. TRES RAZÓNS
2. AUTOR:VIDA E OBRA, MOV. CULTURAL
3. ARGUMENTO: PRESENTACIÓN, NÓ, DESENLACE. TIPO DE FINAL. ANALEPSES, PROLEPSES.
4. NARRADOR. TIPO. RAZÓN E EXEMPLOS.TEMPOS VERBAIS.
5.PERSONAXES.
6. DESVÍOS DA NORMA(NEGRIÑA)
7. FIGURAS LITERARIAS(SUBLIÑADAS)
8.  MARCO.
9. SÍNTESE E INTERPRETACIÓN PERSOAL