APUNTES E TEXTOS PARA COMENTAR DE LINGUA CASTELÁ(1º,3º,4º)E LINGUA GALEGA (1º,2º,3º,4º)DA ESO DO COLEXIO CASA DA VIRXE.
PROGNÓSTICO TEMPO
pronostico del tiempo Cangas
domingo, 7 de octubre de 2018
sábado, 6 de octubre de 2018
APUNTAMENTOS E PRÁCTICA CLÁUSULAS SIMPLES E COMPLEXAS . GAL 3º ESO
CLÁUSULAS SIMPLES E CLÁUSULAS COMPLEXAS
- CLÁUSULAS SIMPLES:
Son aquelas que só teñen un verbo ou predicado, sexa simple ou perífrase verbal.
Ex: Hoxe comín moito chocolate.
predicado simple
Hoxe vou comer moito chocolate.
Perífrase
*A perífrase verbal está formada por un verbo auxiliar conxugado máis un segundo verbo en INFINITIVO(EX: comer, bailar, rir), en XERUNDIO(EX:comendo, rindo, bailando) ou en PARTICIPIO(EX:comido, rido, bailado).EX: estiven comendo, foi comido, está a comer.No medio dos dous verbos ás veces poden levar as preposicións de / a ou a conxunción que.
EX: Teño que facer os deberes. Hei de facer os deberes. Está a facer os deberes.
- CLÁUSULAS COMPLEXAS:
Son aquelas que teñen polo menos dous predicados(N.P.)
- SUBORDINADAS SUBSTANTIVAS : A cláusula subordinada, acostuma ir introducida por un NEXO ou enlace que soe ser a conxunción QUE. A subordinada pódese substituír pola palabra ISO ( pronome que substitúe ó nome )por iso dicimos que é substantiva, é dicir funciona como un substantivo ou nome.
A cláusula subordinada vai ter sempre unha función respecto á principal, e vai depender dunha das partes da cláusula principal.
EX: O neno dixo que quería un pastel de mazá.
= ISO= subordinada substantiva
Está claro que quere un pastel de mazá
= ISO= subordinada substantiva
Estivo pensando en que quere un pastel de mazá
= ISO= subordinada substantiva
Para saber a función desa subordinada facemos as mesmas probas que nas cláusulas simples: A.1.SUBORDINADA SUBSTANTIVA DE SUXEITO
O suxeito recóñecémolo poñendo en plural o ISO( polo que subtituímos a subordinada) é dicir poríamos ESAS COUSAS, se o verbo pasa a plural, a súa función será a de SUXEITO.
EX: Apetéceme que veñas(=ISO), poñémolo en plural.EX: Apetécenme (esas cousas, ) O verbo pasou de sg a plural ao cambiar ISO a ESAS COUSAS ,polo tanto na cláusula complexa :Apetéceme que veñas
= SUX (cláusula sub. subs. de Suxeito)
A.2 SUBORDINADA SUBSTANTIVA DE C.D.
Para recoñecer que función ten a cláusula subordinada facemos a mesma proba que faríamos nunha cláusula simple para reconocer un C.D,cambiamos ISO por O/A/OS/AS
EX: Dixo que veñas Substituímos o ISO por O/A/OS/AS
= Díxoo. Polo tanto, que veñas = CD.(Cláusula sub.substantiva de C.D.)
A.3.SUBORDINADA SUBSTANTIVA DE COMPLEMENTO DE RÉXIME( OU SUPLEMENTO)
A primeira proba será como en todas as anteriores substuír a partir do nexo pola palabra
ISO. Aí comprobamos que é subordinada substantiva.Agora veremos cal é a súa función.O primeiro que observamos é que o nexo que soe ser QUE,vai levar SEMPRE diante unha preposición ( en, de por,...)xa que os C. RÉXIME levan sempre preposición diante.Logo vemos que modifica ao verbo directamente, pois sen este complemento o verbo carecerá de significado completo.
Como imos recoñecer o C. Réxime na subordinada? Ben fácil, porque ten preposición diante do QUE e , sen el o verbo non ten significado completo(parece que lle falta algo)
EX. Estivo pensando en que quere pastel de mazá.
= ISO( niso) C. RÉX(cláusula sub subs de C.Réx)
B) SUBORDINADAS ADXECTIVAS (DE RELATIVO CON FUNCIÓN DE C.N)
O nexo utilizado soe ser QUE pero ten que poder sustituirse por O CAL, A CAL, OS CALES, AS CALES. O que expresamos cun adxectivo xeralmente, imos expresalo aquí a través ducha cláusula, por iso se chaman subordinadas adxectivas pois equivalen a un adxectivo. Modifican a un substantivo anterior e van ter a función que teña o substantivo que as precede e ao cal acompañan,pois saen do modificador dunha frase substantiva, é dicir, son C.N.Como non pode saín a función de C.N. directamente do predicado , poremolas coa función do seu antecedente (palabra anterior que modifican) e logo especificamos que é un CN e unha cláusula adxectiva. Pode estar dentro dun SUX, dentro dun C.D. ou de calquera outro complemento do predicado.
Cl. sub .adx de rel CN
EX: A rapaza (que ves aí) estudou na miña clase.
SUX N.P. CCL
Cl. sub .adx de rel CN
EX: Ela necesita un profesor (que fale alemán.)
SUX N.P. C.D.
C) SUBORDINADAS ADVERBIAIS.
C.1 SUBORDINADAS ADVERBIAIS LOCATIVAS
Equivalen a un CCL , é dicir , a un adverbio pero ao ter verbo son cláusulas subordinadas. Van introducidas polo nexo ONDE
EX: Porei o móbil onde o vexa
CCL( Cláusula sub adv locativa)
C.2. SUBORDINADAS ADBERVIAIS TEMPORAIS
Equivalen a un CCT , é dicir , au adverbio pero ao ter verbo son cláusulas subordinadas. Van introducidas polo nexo CANDO
EX: Deume o móbil cando llo pedín
CCT( Cl sub adv. Temporal)
C.3 SUBORDINADAS ADVERBIAIS MODAIS
Equivalen a un CCM , é dicir , au adverbio pero ao ter verbo son cláusulas subordinadas. Van introducidas polo nexo COMO
EX: Fixo o exercicio como lle pedín
CCM(Cla. sub. adv. Modal)
- Nas seguintes cláusulas di cáles son simples e cáles complexas. Sinala as funcións por debaixo .
- A túa irmá di que hoxe irá ao concerto do marisquiño.
- Os rapaces estiveron facendo os exercicios tódolos días.
- Roubou onde non o collesen.
- Elas aseguraron que non pagarían o seguro.
- Non me apetece que veñas á miña casa pola noite.
- É importante que fagas os deberes sempre.
- O profesor falou moi alto na clase.
- Cando veña o repartidor de pizza, avísame
- Eles están a chegar moi cansos a casa do concerto.
- Será moi bo que non teñas materias suspensas para setembro.
- Presumíu de que tiña moitos cartos
- Estaba feito como eu pensaba.
- A túa avoa confía en ti cegamente.
- Acertou con que tiña dezaoito anos.
- Nunca quixo que lle axudasen cos saltos de bici.
- Non me convence que vaias ti só á discoteca.
- É necesario que te prepares ben para esa regata.
- A música que ti escoitas non é a miña favorita
- Estivo comendo onde comera Justin Bieber
- Vou escoltar os temas que me pasaches onde polo was.
- Aferrouse a idea que deberías olvidar o reguetoneo.
- Colleume a carteira cando me despistei
- Falaron de trap toda a tarde.
- Eu cheguei farta da voda do teu curmán.
SOLUCIONARIO
- A túa irmá di que hoxe irá ao concerto do marisquiño.
SUX NP CD(CL.SUB.SUST. DE CD)
- Os rapaces estiveron facendo os exercicios tódolos días. CL S.
SUX N.P(perífrase) C.D. CCT
- Roubou onde non o collesen.
N.P. CCL(Cl.Sub.adv. locativa)
- Elas aseguraron que non pagarían o seguro.
SUX NP CD(Cl. Sub. subst. de C.D.)
- Non me apetece que veñas á miña casa pola noite.
CCN CD N.P. SUX(Cl Sub. Subs. de SUX)
- É importante que fagas os deberes sempre.
N.P. ATR. SUX(Cl.Sub. Subs. de SUX)
- O profesor falou moi alto na clase. CL S.
SUX N.P. C. PVO. CCL
- Cando veña o repartidor de pizza, avísa me
CCT(Cl Sub Adv temporal) N.P. C.D.
- Eles están a chegar moi cansos a casa do concerto. CL S.
SUX N.P (perífrase) C.PVO CCL
- Será moi bo que non teñas materias suspensas para setembro.
N.P. ATRIB SUX(Cl. Sub Subt. de SUX)
- Presumíu de que tiña moitos cartos.
N.P. C.RÉX( Cl sub Subst. de Réxime)
- Estaba feito como eu pensaba.
N.P. ATR CCM( Cl. Sub Adv modal)
- A túa avoa confía en ti cegamente.
SUX N.P. SUPL. CCM
- Acertou con que tiña dezaoito anos.
N.P. C.RÉX.(Cl Sub Subst. de C.Réx)
- Nunca quixo que lle axudasen cos saltos de bici.
C.C.N N.P. C.D. (Cl sub Sust de CD)
- Non me convence que vaias ti só á discoteca.
CCN CD NP SUX(Cl Sub Subst de SUX)
- É necesario que te prepares ben para esa regata.
N.P ATR SUX(Cl Sub Subst de SUX)
CN(Cl. sun adx de rel)
- A música que ti escoitas non é a miña favorita.
SUX CCN N.P. ATR
- Estivo comendo onde comera Justin Bieber
N.P. (per.) CCL( Cl Sub Adv locativa)
CN(Cl. sun adx de rel)
- Vou escoitar os temas que me pasaches onte polo was.
N.P(per.) C.D.
- Convenceute de que deberías olvidar o reguetoneo.
N.P. C.REX( Cl Sub subst. de C.REX)
- Colleume a carteira cando me despistei
NP C.I C.D. CCT(Cl Sub Adv temporal)
- Falaron de trap toda a tarde. CL S.
NP. C. RÉX CCT
- Eu cheguei farta da voda do teu curmán. CL S.
SUX N.P. C.PVO CCL
jueves, 4 de octubre de 2018
martes, 2 de octubre de 2018
LECTURAS L. GALEGA 2º BACHARELATO
LECTURAS RECOMENDADAS GALEGO 2º BACHARELATO:
- FRAN ALONSO " MALES DE CABEZA"
- XABIER ALCALÁ " A NOSA CINZA"
- ROSA ANEIROS"RESISTENCIA"
- CARLOS CASARES " O SOL DO VERÁN"
- X. FERNÁNDEZ FERREIRO " CO MEDO NAS MANS"
- M . ANXO FERNÁNDEZ " UN NICHO PARA MAR"
- A. FERNÁNDEZ PAZ " O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR"
- SUSO DE TORO " POLAROID" "TIC,TAC"
- MANUEL RIVAS " QUE ME QUERES AMOR?"
- MARÍA XOSÉ QUEIZÁN " O SEGREDO DA PEDRA FIGUEIRA"
- MARÍA REIMÓNDEZ " O CLUB DA CALCETA"
- DOMINGO VILAR " OLLOS DE AUGA" " A PRAIA DOS AFOGADOS"
- FRAN ALONSO " MALES DE CABEZA"
- XABIER ALCALÁ " A NOSA CINZA"
- ROSA ANEIROS"RESISTENCIA"
- CARLOS CASARES " O SOL DO VERÁN"
- X. FERNÁNDEZ FERREIRO " CO MEDO NAS MANS"
- M . ANXO FERNÁNDEZ " UN NICHO PARA MAR"
- A. FERNÁNDEZ PAZ " O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR"
- SUSO DE TORO " POLAROID" "TIC,TAC"
- MANUEL RIVAS " QUE ME QUERES AMOR?"
- MARÍA XOSÉ QUEIZÁN " O SEGREDO DA PEDRA FIGUEIRA"
- MARÍA REIMÓNDEZ " O CLUB DA CALCETA"
- DOMINGO VILAR " OLLOS DE AUGA" " A PRAIA DOS AFOGADOS"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)