http://youtu.be/VeFz5H_1sUo
No vídeo cando din "Vilariño dos gregos " Debería dicir dos "Cregos"
APUNTES E TEXTOS PARA COMENTAR DE LINGUA CASTELÁ(1º,3º,4º)E LINGUA GALEGA (1º,2º,3º,4º)DA ESO DO COLEXIO CASA DA VIRXE.
PROGNÓSTICO TEMPO
pronostico del tiempo Cangas
miércoles, 14 de mayo de 2014
Poemas de Díaz Castro.Letras galegas 2014.
POEMAS
DE DIAZ CASTRO
A
noite é...
|
Hai
homes cheos de sombra,
homes a contralús que che fan ver a Deus coma unha mar de lus. A Noite é necesaria pra que ti poidas ver sobre o medo e o mal as estrelas arder |
Ai
capitán.
|
¡Chorar,
chorar, mentres o barco rompe
contra o solpor, na noite!
A
túa pipa non verán meus ollos
fomegar máis; nin o teu riso, para sempre inmenso abrente na mar. Lume che din, cinza me queda. ¿Cinza, capitán!
Soia
a sirea do teu barco
toda a eternidá. Fume nos ollos, area fría nas miñas maus. E en boca que perdín, a longa pipa fumando a miña vida, capitán.
¿Chorar,
chorar,
como sempre choraron as mulleres, ai capitán, con barcos ou sen eles! |
Coma
unha escada
|
Lémbrome
ben do vento que cantara
no
fío da túa morte, meu amigo,
dos
doces días que arrastrou o vento,
da
derradeira pomba da esperanza.
Sobor
da escuma dos recordos fría
navega
un nome cara a min, sen nada,
o
eco dunhas zocas afogándose
no
veludo sen fin da eternidade,
a
sombra longa dunhas maus, xa cougas
na
lus da tarde, feita monumento.
Tódalas
cousas morren esta tarde
con
longuísimas sombras, baixo a muda
roda
sen dó. Pro ti, ¿pra que estás morto?
Antre
a esfera onde estás e as miña sombra
unha
oración que no esperabas tira
unha
canle de lus coma unha escada.
Desfaise
o tempo, faise a lus, e case,
case
baixar te vexo pola escada
de
lus pra acabar xuntos esta historia
que,
por un erro, interrompeu a morte
|
Esmeralada
|
Herba
perquerrechiña
que
con medo sorrís
ó
sol que vai nacendo
e
morrendo sen ti,
¿
por que de ser pequena
te
me avergonzas ti?
¡O
Universo sería
máis
pequeno sen ti?.
|
Nimbos
|
Se
é que o poema é só un nimbo de lus
que
os ollos cegos póñenlles ás cousas
soñadas,
ou amadas nas teebras,
das
cousas que xa foron e se foron
pro
siguen sendo e non se van xa máis,
das
sombras que, xogando cos meus ollos,
na
miña vida en lume se enxeriron,
eu
deixo eiquí os nimbos, coma cinza
de
rosas que onte encheron de perfume
o
mundo, morto xove, dalgún soño.
|
Coma
un río quixera eu ser:
Cantar
con estrelas no lombo cara ó mar,
deixando
unha chorima en cada pedra,
e
unha bágoa de Deus en cada herba.
Hai
unha cousa clara coma o sol:
prós
nosos ollos no está feita a lus
do
mundo, ó abrente frío que se abreu
cando
abrimos os ollos sobre o mundo.
E
eu coma a néboa sobre os outros montes
que
lles cobre a ferez e mailas bágoas;
e
eu coma a estrela que entra polo oco
do
lousado do pobre na agonía.
Hai
unha cousa clara coma a lus:
que
no é para nós a música do mundo
a
promesa raiante da hora enorme
en
que se dixo: ¡
outro home veu ó mundo!
E
eu como un fondo río de recendos,
de
voces e de luces: coma o aire,
que
beixa todo e non se apousa en nada
máis
que no sangue, na raíz do sangue…
Penélope
|
Un
paso adiante e outro atrás, Galiza,
e
a tea dos teus soños non se move.
A
espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran
os bois e chove.
Un
bruar de navíos moi lonxanos
che
estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro
ti envólveste en sabas de mil anos,
e
en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán
os camiños algún día
a
xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco
vai, suco vén, ¡ Xesús María!,
e
toda cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando
os prados como sono,
o
Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise
enterrando, suco a suco, o Outono.
¡
Un paso adiante e outro atrás, Galiza!
|
O
verme e a estrela
|
Esta
sede infinita de pureza
ausoluta,
esta sede de xustiza
que
nos queima, esta sede de beleza…
baixo
as alas de pedra da preguiza
e
a paga do pecado en cada esquina
e
a herbiña sobre a foia e a ruína…
¡
Esta sede de lus, mentres o vento
da
norte zúa darredor das cousas
que
están no noso corazón, cincento
sopro
que arrinca os días, queima as chousas
máis
íntimas, e várreas coma a ágoa…!
A
lus do mundo é a que arde nunha bágoa.
|
Monumento
á ausencia
|
¡Lus,
ceo
rachado, lus!
Inda
vexo a lus,
E
despois os galos,
e
despois os homes,
e
despois todo val, ¡cáliz fervendo!
Naquela
mañá feita para os ollos
de
Deus, pra sempre froleceu a pudia,
cantaron
as lavercas para sempre.
E
eu perdinme antre os trigos ben perdido,
coas
espigas por riba da cabeza,
no
carreiro longuísimo dos adeuses...
Adeus
ó amigo que non tiven tempo
de
me engañar, pra sempre xa querido.
Adeus
á nena de ollos coma pregos
que
será nena dentro de mil anos.
Adeus
ás portas, xa pra sempre fieles;
adeus
ós montes, todos urizados
de
estrelas de ouro vivo para sempre;
adeus
ás pedras, coma rosas xa;
adeus
ás maus, quentiñas para sempre.
|
Noite
no mundo
|
¡
Noite do mundo, oco
de
estrela arrincada,
onte
teimo verte
de
repente arder
sobre
a miña vida
case
consumida
na
ourela da nada
Ai
ter teu alento
no
meu rostro ó fin,
e
eu diante os teus ollos
derrubarme
en lus,
esvaerme
no aire
que
ti vas beber,
ser
o teu rastro, ser
o
teu eco perdido
e,
case, non ser.
|
Suscribirse a:
Entradas (Atom)